Honorio III, papa

Honorio III, de nome Cencio Savelli, nado en Roma cara ao ano 1148 e finado o 18 de marzo de 1227, foi o papa n° 177 da Igrexa católica dende o ano 1216 ata 1227.

Honorio III
Nome completoCencio
Nome de nacementoCiencio Savelli
Nacemento1148
Lugar de nacementoRoma
Falecemento18 de marzo de 1227
Lugar de falecementoRoma
SoterradoRoma
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
PaiAimerico Savelli
Períodoentre os anos 1216 e 1227
Coñecido porser o papa n° 177 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
Find a Grave: 9606790 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sábese que Cencio Savelli naceu en Roma, pero descoñécese o ano, no seo da familia Savelli, familia nobre romana, da cal saíron personalidades influentes da historia medieva de Roma.

Preparou a quinta cruzada, para o cal en 1219 concedeu ao rei Fernando III de Castela o dereito a percibir a Tercia Real, un tributo con carácter temporal e extraordinario que a Coroa deducía das décimas da Igrexa, sendo a parte correspondente aos servidores e á fábrica[1].

Contibuiu na redacta do Liber Censuum Romanae Ecclesiae (coñecido como Liber Censuum), rexistro da riqueza da igrexa. Escribiu dúas biografías sobre a vida de dous papas, Celestino III e Gregorio VII. Tamén deixou escritos sobre o cerimonial e o ritual da Igrexa católica e 34 sermóns.

Notas editar

  1. La casita de la tercia", artigo no blog Axalbir, agosto de 2009 (en castelán).

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.