Celestino III, papa

Celestino III, nado en Roma cara ao 1106) e finado en Roma o 8 de xaneiro de 1198, foi o Papa n.º 175 da Igrexa católica de 1191 a 1198.

Modelo:BiografíaCelestino III, papa

(1196) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Caelestinus PP. III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giacinto Bobone Editar o valor en Wikidata
1106 Editar o valor en Wikidata
Roma (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1198 Editar o valor en Wikidata (91/92 anos)
Roma (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán Editar o valor en Wikidata
175º Papa
28 de marzo de 1191 – 8 de xaneiro de 1198
← Clemente IIIInocencio III → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1191–), diplomático, escritor Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónOttaviano di Paoli Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiBobone Orsini Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Celestine III. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1489703 Find a Grave: 9602934 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De nome Giacinto Bobone,[1] naceu no seo da familia Orsini, unha caracterizada familia nobre romana e durante 47 anos serviu á igrexa en calidade de Cardeal Diácono[2] ata que en 1191, á idade de 85 anos, subiu ao solio para o que tivo que tomar as ordes sacerdotais o día antes do seu consagración.

Ao día seguinte coroou ao emperador Henrique VI nunha cerimonia que simbolizou a supremacía absoluta do emperador que se poñerá de manifesto nas futuras relacións entre ambos. Así, cando Henrique VI ordenou asasinar ao bispo de Lieja, Alberto dei Lovanio, o papa nin tan sequera ousou recriminalo; e cando mantivo prisioneiro ao rei inglés Ricardo Corazón de León, que por orde súa capturara o duque de Austria Leopoldo V mentres regresaba da Terceira Cruzada, só se atreveu a excomungar a leste, e Ricardo só recuperou a liberdade tralo pago dun cuantioso rescate a Henrique.

Tamén dentro do ámbito político confirmou, en 1192, de forma definitiva os estatutos da Orde dos Cabaleiros Teutóns[3]

Pouco antes de morrer, o 8 de xaneiro de 1198, expresou a súa intención de abdicar nomeando un sucesor, pero os cardeais non llo permitiron.

Foi enterrado na Basílica de San Xoán de Letrán.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De rure bovensi (De campo de bois), cita que fai referencia tanto á súa familia, os Bovis (bois), e a que era orixinario da campiña romana.

  1. The New Cambridge Medieval History, Vol.1, Ed. David Luscombe, Jonathan Riley-Smith, (Cambridge University Press, 2004), 417.
  2. The New Cambridge Medieval History, Vol.1, 417
  3. Urban, William, The Teutonic Knights, (Greenhill Books, 2003), 12?13..

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.