Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

Henrique VI de Suabia, ou Henrique VI Hohenstaufen, nado o 1 de novembro de 1165 en Nimega (que daquela formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico), e finado o 28 de setembro de 1197 en Mesina (daquela no Reino de Sicilia), foi un nobre alemán que foi Rei de romanos de 1169 a 1191, rei de Alemaña de 1190 a 1197, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico de 1191 a 1197 e rei de Sicilia de 1194 a 1197.

Modelo:BiografíaHenrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Heinrich VI. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1165 Editar o valor en Wikidata
Nimega, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1197 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Messina, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Palermo
Tomb of Henry VI, Holy Roman Emperor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Nápoles e Sicilia
25 de decembro de 1194 – 28 de setembro de 1197
← Constanza II de SiciliaFrederico II Hohenstaufen →
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
1191 – 28 de setembro de 1197
← Frederico I do Sacro Imperio Romano XermánicoOdón IV do Sacro Imperio Romano Xermánico →
Rei de Italia
21 de xaneiro de 1186 – 28 de setembro de 1197
← Frederico I do Sacro Imperio Romano XermánicoOdón IV do Sacro Imperio Romano Xermánico →
Rei dos Romanos
15 de agosto de 1169 – 28 de setembro de 1197
← Frederico I do Sacro Imperio Romano XermánicoOdón IV do Sacro Imperio Romano Xermánico, Filipe de Suabia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, escritor Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMargrave Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Hohenstaufen Editar o valor en Wikidata
CónxuxeConstanza de Hauteville (1186–) Editar o valor en Wikidata
FillosFrederico II Hohenstaufen Editar o valor en Wikidata
PaisFrederico I do Sacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor en Wikidata  e Beatriz de Borgoña Editar o valor en Wikidata
IrmánsFilipe de Suabia
Conrado II de Suabia
Otón I de Borgoña
Frederico V de Suabia
Frederico VI de Suabia Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4667474 Musicbrainz: 7525abea-529e-477b-b44b-a53293f766fb WikiTree: Staufer-45 Find a Grave: 13566035 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era fillo de Frederico I Barbarroxa, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e da súa esposa Beatriz, condesa de Borgoña.

O 29 de outubro de 1184, en Augsburgo, concertouse o compromiso de Henrique coa princesa normanda Constanza de Hauteville. No verán de 1185 Constanza deixou Palermo para ir a Milán, onde ía celebrarse a voda, acompañada dun fastuoso cortexo de príncipes e baróns. Henrique acompañou a Constana a Salerno, onde tivo que deixala para viaxar a Alemaña para asistir ao enterro da súa nai.[1] O 23 de agosto de 1185, polo valor simbólico e político que tiña a aprobación por parte da Igrexa deste enlace, en Rietti, a primeira cidade fóra do Reino de Sicilia, tivo lugar unha primeira celebración do matrimonio, por procuración, en presenza dunha delegación imperial en representación de Henrique.[2] A voda repetiuse despois en Milán, o 27 de xaneiro de 1186.

Henrique foi elixido en Bamberg en xuño de 1169 Rei de romanos, e coroado como emperador do Sacro Imperio en 1191 en Roma, xunto á súa esposa, polo papa Celestino III.

En 1190 e 1193 logrou impoñerse sobre os nobres alemáns que se lle opoñían, encabezados por Henrique o León, duque de Saxonia e de Baviera, e que contaban coa axuda do papado e do rei de Inglaterra Ricardo Corazón de León, ao que chegou a apresar tras o seu segundo éxito. A pesar da vitoria mencionada non puido alcanzar o seu obxectivo de converter en hereditario o trono de Alemaña (causa do enfrontamento coa nobreza alemá, o papado e Inglaterra) pero, en 1194, tras un primeiro intento fracasado en 1191, logrou, practicamente polas armas, a coroa do Reino de Sicilia, que reclamara como herdanza da súa esposa.

En 1197, o poder tiránico do rei estranxeiro no sur de Italia deu orixe a revoltas, especialmente no sur de Sicilia, que os soldados alemáns reprimiron cruelmente. No mesmo ano, Henrique preparou unha Cruzada,[3] pero o 28 de setembro de 1197 morreu de malaria na cidade de Mesina, aínda que algúns pensan que foi envelenado.[4]

Predecesor:
Frederico I
Rei de romanos
1169 - 1191
Sucesor:
Filipe de Suabia
contra Otón IV
Predecesor:
Frederico I
 
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

1191 - 1197
Sucesor:
Otón IV
Predecesor:
Guillerme III de Sicilia
 
Rei de Sicilia
Xunto con Constanza I

1194 - 1197
Sucesor:
Frederico II
  1. "Costanza d'Altavilla, imperatrice e regina di Sicilia". Dizionario Biografico degli Italiani - Volume 30 (1984). Consultado o 30 de setembro de 2016.  En Trecanni (en italiano).
  2. "Il matrimonio per legatos di Costanza d'Altavilla (1185)" (en italiano). Consultada o 30 de setembro de 2016.
  3. En 1197, aínda que "a ben preparada Cruzada do emperador Henrique era para conquistar a Terra Santa, tamén pretendeu alcanzar un antigo desexo dos normandos no leste: a conquista do imperio Bizantino". En: Hilgemann, Werner & Hermann Kinder (1974): The Anchor Atlas of World History, Volume I: From the Stone Age to the Eve of the French Revolution. New York: Anchor Books, Doubleday, p. 153.
  4. "Enrique VI morreu en Messina, envelenado, polo que se cre, polo seu propio contorno debido á súa política italiana". En: Kenneth Varty, ed, (2000): Reynard The Fox: Social Engagement and Cultural Metamorphoses In the Beast Epic from the Middle Ages to the Present. New York: Berghahn Books. ISBN 1-57181-737-9, p. 41.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. Perrin. ISBN 2-262-02106-6.
  • Quatriglio, Giuseppe (2002): Mille anni in Sicilia - Dagli Arabi ai Borboni. Marsilio. ISBN 88-317-6405-5.

Outros artigos

editar