Abrir o menú principal

Guillerme III de Sicilia, nado probabelmente contra 1186,[1] e finado en 1198 en Schloß Hohenems, Alemaña,[2] foi rei de Sicilia durante un breve período, do 20 de febreiro ao 25 de decembro de 1194, baixo a rexencia da súa nai.

Guillerme III de Sicilia
Rei de Sicilia
William III of Sicily.jpg
Guillerme III representado nunha litografía moderna

Reinado20 de febreiro de 1194
25 de decembro de 1194
Nacementoca. 1185
Palermo ?, Lecce ?
Falecemento1198
Prisión de Schloß Hohenems, Alemaña
PredecesorTacredo I de Sicilia
SucesorHenrique VI Hohenstauffen
(con Constanza I de Sicilia)
Casa realCasa de Hauteville
ProxenitoresTancredo I de Sicilia
Sibila de Acerra

Escudo de Guillerme III de Sicilia
Escudo da familia Hauteville

Foi o último descendente da casa dos Hauteville que reinou no Reino de Sicilia antes da chegada da casa dos Hohenstaufen.

TraxectoriaEditar

Vida e reinadoEditar

Guillerme foi o segundo fillo e sucesor do rei Tancredo e da súa esposa Sibila de Acerra.[2]

Subiu ao trono o 20 de febreiro de 1194 tras a morte de seu pai. Desde setembro do ano anterior era correi tras a súbita morte do seu irmán maior Roger III), porque seu pai, pouco antes de falecer, coroárao simbolicamente para asegurar a continuidade dinástica e contrarrestar as pretensións xermánicas dos Hohenstaufen, que reclamban o trono dos normandos desde a morte sen descendencia do rei Guillerme II.[1] Debido á súa curta idade, quedou baixo a rexencia da súa nai (como sucedera co seu irmán Roger).

A historiografía considera porén pouco probábel que Tancredo puidera asistir a esta coroación, iniciativa que seguramente fora obra de Sibila que, como rexente na que recaera a carga de organizar a resistencia na illa contra as tropas de Henrique VI Hohenstaufen, que viña reclamando o Reino desde varios anos antes baseándose nos dereitos da súa esposa, Constanza I de Sicilia, filla póstuma do rei Roger II de Sicilia, e pretendente lexítima desde 1189.[1]

O grupo de fieis familiares nos que podía confiar Sibila era moi reducido, incluíndo agora só aos fillos do defunto Mateo d'Ajello, o conde Ricardo d'Ajello e Nicolao, arcebispo de Salerno, así como o arcebispo de Palermo, Bertomeu, que non dubidaron, porén, en pasarse rapidamente ao partido do emperador Henrique.

Derrocamento e morteEditar

En maio de 1194, Henrique VI volveu a Italia, onde acaba de morrer Tancredo. O exército Imperial encontrou pouca resistencia e Henrique foi coroado como rei de Sicilia o 25 de decembro. O mozo Guillerme foi capturado e obrigado a ceder a súa coroa. Foi torturado antes de que lle sacaran os ollos de ser castrado. Despois foi enviado ao exilio a Alemaña (talvez a Alsacia ou ao hoxe cantón dos Grisóns), onde morreu en condicións escuras, probabelmente pouco despois.[3]

Henrique Hohenstaufen emprendeu nese mesmo día un masacre sanguento dos baróns normandos. Os nobres e os bispos que asistiran á coroación do seu rival Tancredo foron queimados vivos nun campo cerca de Palermo, a cincocentos metros do palacio real. Henrique fixo logo desenterrar os restos de Tancredo e do seu fillo Roger, aos que lles arricou as súas coroas de ouro antes de mandar decapitar os seus cadáveres. O único fillo do seu matrimonio con Constanza, o futuro Fededrico II, naceu ao día seguinte en Iesi, cerca de Ancona.[3]

Segundo algunhas fontes, Guillerme III morreu en torno ao ano 1198, prisioneiro en Schloß Hohenems (Alemaña).[2]

AntepasadosEditar

 
O emperador Henrique VI castrando e cegando ao rei Guillerme III.
Ilustración dunha edición de De casibus Virorum illustrium de Giovanni Boccaccio.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Roger I de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
8. Roger II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Adelaida del Vasto
 
 
 
 
 
 
 
4. Roger III de Puglia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Afonso VI de Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Elvira de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Isabel de Sevilla
 
 
 
 
 
 
 
2. Tancredo de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Achard II de Lecce
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Emma de Lecce
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Guillerme III de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Sibila de Acerra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Tancredo I de Sicilia
(con Roger III de Sicilia)
 
Rei de Sicilia

1193 - 1194
Sucesor:
Henrique VI Hohenstauffen
(con Constanza I de Sicilia)

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Aubé, Pierre (2001): Roger II de Sicilie. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1.
  • Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. Paris: Perrin. ISBN 2-262-02106-6.
  • Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). London: Longmans. ISBN 978-0-5711-0903-6.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar