Roxerio III de Sicilia
Roxerio III de Sicilia, nado contra 1175 e finado en Palermo o 24 de decembro de 1193,[1] foi un príncipe normando da familia dos Hauteville, que foi duque da Puglia e despois correi de Sicilia entre os anos 1191 e 1193. Algunhas moedas (follari) cuñadas en Mesina amosan os nomes de Tancredo e Roxerio como reis.[2]
Guillerme III de Sicilia | |
---|---|
Correi de Sicilia | |
![]() | |
Representación de Roxerio III (no centro), xunto ao seu irmán Guillerme e ao seu pai Tancredo | |
Reinado | 1142–1180 (Ducado de Saxonia) |
Nacemento | ca. 1175 |
Falecemento | 24 de decembro de 1193 Palermo |
Predecesor | Tacredo I de Sicilia |
Sucesor | Tacredo I de Sicilia |
Consorte | Irene Anxo |
Casa real | Casa de Hauteville |
Proxenitores | Tancredo I de Sicilia Sibila de Acerra |
![]() Escudo da familia Hauteville | |
Na rede | |
![]() | |
Traxectoria Editar
Roxerio foi o fillo primoxénito do rei Tancredo I de Sicilia e da súa esposa Sibila de Acerra.
En 1189 foi nomeado polo seu pai duque da Puglia, como confirmación da súa condición de herdeiro, e en 1191 foi nomeado correi xunto co seu pai.[3]
Un ano máis tarde contraeu matrimonio na catedral de Brindisi con Irene Anxo, filla do emperador bizantino Isaac II Anxo.[4] [5]
Fíxose cargo das rendas do Reino durante as loitas polo trono de Sicilia que o seu proxenitor mantiña contra o emperador xermánico Henrique VI Hohenstaufen, que viña reclamando o Reino desde varios anos antes baseándose nos dereitos da súa esposa, Constanza I de Sicilia, filla póstuma do rei Roxerio II de Sicilia, e pretendente lexítima desde 1189,[3] pero en decembro de 1193 enfermou e morreu á idade de 18 anos.[1]
Sucedeuno como correi o seu irmán Guillermo. O seu pai Tancredo falecería o 20 de febreiro de 1194. E Henrique VI invadiría o Reino, apresando á súa familia e casando á súa viúva co seu irmán Filipe de Suabia.
Antepasados Editar
16. Roxerio I de Sicilia | ||||||||||||||||
8. Roxerio II de Sicilia | ||||||||||||||||
17. Adelaida del Vasto | ||||||||||||||||
4. Roxerio III de Pulla | ||||||||||||||||
18. Afonso VI de Castela | ||||||||||||||||
9. Elvira de Castella | ||||||||||||||||
19. Isabel de Sevilla | ||||||||||||||||
2. Tancredo de Sicilia | ||||||||||||||||
10. Achard II de Lecce | ||||||||||||||||
5. Emma de Lecce | ||||||||||||||||
1. Roxerio III de Sicilia | ||||||||||||||||
3. Sibila de Acerra | ||||||||||||||||
Predecesor: Tancredo I |
Correi de Sicilia (baixo Tancredo I) 1191 - 1193 |
Sucesor: Tancredo I (con Guillerme III de Sicilia) |
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Necrologium Liciense, Ed. Winkelmann, en Forschungen zur deutschen Geschichte, XXVIII, p. 476 (1888).
- ↑ Grierson, P.; Blackbur, M. A. S.; Travaini, Lucia (2008). Páxina 79.
- ↑ 3,0 3,1 Guglielmo III d'Altavilla, re di Sicilia.
- ↑ Annales Casenses 1193, MGH SS XIX, p. 317.
- ↑ Houben, Hubert 2002, p. 174.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roxerio III de Sicilia |
Bibliografía Editar
- Aubé, Pierre (2001): Roger II de Sicilie. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1.
- Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. París: Perrin. ISBN 2-262-02106-6.
- Grierson, P.; Blackbur, M. A. S.; Travaini, Lucia (2008) (eds.) Medieval European Coinag.,Vvol. 14: Italy (III) (South Italy, Sicily, Sardinia. Cambridge University Press, 1998).
- Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily: A Ruler Between East and West. Cammbridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5216-5573-6.
- Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). Londres: Longmans. ISBN 978-0-5711-0903-6.
Outros artigos Editar
- Reino de Sicilia
- Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles
- Roxerio II de Sicilia
- Tancredo de Sicilia
- Guillerme II de Sicilia
- Guillerme III de Sicilia
- Constanza I de Sicilia
- Henrique VI
- Casa de Hauteville
- Normandos
Ligazóns externas Editar
- Roger III King of Sicily en Projects/MedLands (en inglés). Consultada o 9 de novembro de 2016.
- Francesco Panarelli, Guglielmo III d'Altavilla, re di Sicilia, en Dizionario Biografico Treccani (en italiano). Consultada o 9 de novembro de 2016.
- Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Tipografia Emiliana, páx. 179.