Abrir o menú principal

Guillerme II de Sicilia, nado en Palermo en decembro de 1153 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1189, foi rei de Sicilia desde 1166 a 1189. Foi alcumado o Bo debido á súa política de clemencia e de xustiza coas comunas e os baróns de Sicilia, en contraposición ao reinado do seu pai, Guillerme I o Mao.[1]

Guillerme II de Sicilia
Rei de Sicilia
Dedication mosaic - Cathedral of Monreale - Italy 2015 (crop).JPG
Mosaico de Guillerme II, chamado o Bo,
dedicando á Virxe a catedral de Monreale
(Catedral de Monerale)

Reinado1166 - 1189
Nacementodecembro de 1153
Palermo
Falecemento11 de novembro de 1189
Palermo
PredecesorGuillerme I de Sicilia
SucesorTancredo de Sicilia
ConsorteXoana Plantagenet
DescendenciaBohemundo de Sicilia
Casa realCasa de Hauteville
ProxenitoresGuillerme I de Sicilia
Margarida de Navarra

Escudo de Guillerme II de Sicilia
Escudo da familia Hauteville

Índice

TraxectoriaEditar

Rexencia de MargaritaEditar

Guillerme tiña só trece anos cando morreu seu pai Guillerme I de Sicilia, así que estivo baixo a rexencia da súa nai, Margarida de Navarra até 1171.[2]

O Reino de Sicilia viña dun triste período de loitas internas debidas a unha serie de disputas entre a nobreza, o clero e o pobo, probabelmente acentuado polo carácter de Guillerme I de Sicilia, chamado o Mao.[2]

En 1166, o chanceler do Reino, de orixe musulmá, o caíd Pedro, foi forzado ao exilio debido ás ameazas das que foi obxecto, e Margarita, sospeitando dos señores feudais e dos funcionarios nomeados por Guillerme I, apelou á súa liñaxe para que a axudase a gobernar. O xove conde Etienne du Perche, o seu primo, converteuse en chanceler do Reino e arcebispo de Palermo, e un clérigo notábel, Etienne de Blois, foi nomeado preceptor do xove rei.[2]

ReinadoEditar

En canto chegou á maioría de idade, Guillerme II foi coroado como rei de Sicilia.[2][3] co apoio de Walter of the Mill (italianizado, Gualtiero Offamilio), arcebispo de Palermo, do clero e da aristocracia. De Guillerme II, respecto ao seu pai, os cronistas da época acentuaban, ademais da súa beleza, a corrección no exercicio das súas funcións e o respecto polas leis e pola xente do pobo, o que lle valeu o apelativo de o Bo. Fixo que se chegara a un período de relativa estabilidade e que cesaran os problemas internos.

Guillerme continuou a política exterior do seu pai. Mantivo unha boa relación co papa Axeandre III e co emperador bizantino Manuel I Comneno. En 1172, o emperador ofrécelle á súa filla María en matrimonio, pero despois cambiou a súa decisión. Esta aldraxe fixo que Guillerme se volvese contra Bizancio.[3]

Durante o seu reinado destacan, ademais da estabilidade interna, unha ambiciosa política externa e unha vigorosa diplomacia. Tendo ao seu favor ao papa e, en secreta alianza coas cidades lombardas, foi capaz de defenderse do inimigo común, o emperador Federico Barbarroxa. En 1174 e 1175 fixo tratados con Xénova e Venecia, e o seu matrimonio con Xoana de Inglaterra, fixo que tivera unha boa posición na política europea. O emperador xermánico tratou de facer non menos de cinco incursións militares en Italia, sen éxito. Finalmente foi derrotado pola Liga lombarda na batalla de Legnano, en 1176.[3]

Coa axuda dun brillante almirante, Margarito de Brindisi, Guillerme intentou continuar coa política expansionista de seu pai, e especialmente de seu avó Roger II. En 1174, a súa frota conducida polo almirante Gauthier de Moac atacou Exipto pero fracasou no seu intento de tomar Alexandría.[4]

En 1177, Guillerme casa coa princesa Xoana de Inglaterra, filla do rei Hnerique II, que tiña once anos de idade. Despois da morte do papa Alexandre III en 1181, concertou unha alianza co seu antigo inimigo Federico Barbarroxa contra o imperio Bizantino. En xullo dese ano mandou unha delegación ao arcebispo Romualdo de Salerno e ao conde Roger de Andria para que asinaran o tratado de Venecia co emperador.[3][4]

Para asegurar a paz, en 1184, sancionou o matrimonio da súa tía Constanza, filla de Roger II, con Henrique, fillo de Federico Barbarroxa, o futuro Henrique VI.[3][4]

En 1185, Guillerme emprende unha campaña contra o imperio Bizantino. O seu exército atravesou Macedonia, tomou Durazzo no Adriático, e Tesalónica, a segunda cidade do Imperio. Porén, unha contraofensiva bizantina dirixida por Alexis Branas esmaga as tropas normandas cerca das beiras do río Struma (o Strymón da Grecia antiga). Guillerme deixou Tesalónica e asinou un tratado de paz co emperador bizantino Isaac II Anxo en 1189. O rei Guillerme II tamén participou na preparación da terceira cruzada, permitindo que os cruzados pasaran polos seus territorios. Por outra parte, en 1188, a frota normanda do almirante Margarito de Brindisi impediu que Saladino tomara a cidade de Trípoli.[5]

Guillerme II e a culturaEditar

O reinado de Guillerme foi particularmente prolífico en canto á arte en Sicilia. Entre os proxectos que levou a cabo merecen seren mencionados: a catedral do mosteiro beneditino de Monreale (realizado co consentimento do papa Lucio III) e a abadía de Santa María de Maniace (a petición da súa nai Margarita). Tamén a espléndida construción do palacio da Zisa, que comezara seu predecesor, foi terminada baixo o seu reinado.[6]

Matrimonio e descendenciaEditar

Guillerme casou en Palermo, o 13 de febreiro de 1177, con Xoana Plantagenet (1165-1199), filla do rei Henrique II de Inglaterra e Leonor de Aquitania, e irmá de Ricardo Corazón de León. Desta unión naceu, segundo unha fonte, Bohemundo de Sicilia, duque de Puglia, que morreu sendo un mozo. En efecto, a súa existencia coñécese só a través dos escritos de Roberto di Torigni, autor da contginuación da crónica normanda Gesta Normannorum Ducum.[7] Roberto, contemporáneo dos acontecementos, informou que Bohemundo, fillo do rei Guillerme e Xoana (...filium primogenitum... Boamundum... Johanna uxor regis Henrici regis Anglorum... filia como Guillermi), naceu en 1182, e que o seu pai o nomeara ducatus Apuliae (duque de Puglia). Pero non hai outras fontes que falen sobre este neno.

Morte sen descendencia directaEditar

 
Mausoleo renacentista de Guillerme II.

A pesar da idade de Guillerme e da súa esposa Xoana, que eran mozos, a súa unión non deixou descendencia, tamén debido á prematura morte de Guillerme. É unha noticia realmente pouco fiábel a que deu Roberto di Torigny sobre o nacemento dun fillo, Bohemundo, en 1182, antes da morte do seu pai.[8] Ricardo di San Germano imputou a incapacidade de procreación á infertilidade de Xoana, interpretada cae como un castigo de Deus ("pero El, para quen os reis reinan e os príncipes dominan, e que o faría glorioso entre todos os reis da terra, porén neste caso foi castigado negándolle ter ningunha descendencia; a súa consorte incluso pechou o seo onde concibir un fillo!").[9] De feito, tendo despois a viúva Xoana dous fillos do seu segundo esposo Raimundo VI de Toulouse, pódese concluír que, en ausencia de incompatibilidade xenética entre os pais, quizais o estéril fose Guillerme.

Cando estaba a punto de morrer, ao non ter descendencia directa, Guillerme nomeou como herdeira a súa tía Constanza I de Sicilia concertando a súa voda con Henrique VI, e obrigou os cabaleiros a que lle xuranran lealdade. A posíbel sucesión era unha eventualidade pouco concibíbel, dada a idade avanzada de Constanza. Porén, inesperadamente, esta unión daría lugar posteriormente á entrada no Reino da dinastía Hohenstaufen, co seu fillo Federico II.

Guillerme II morreu o 11 de novembro de 1189, aos 35 anos de idade. Dous pretendentes reivindicaron entón a corona de Sicilia: o seu curmán Tancredo de Sicilia e Henrique VI, fillo de Federico Barbarroxa.[3][4]

Guillerme está enterrado nun mausoleo na catedral de Monreale.

AntpasadosEditar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Tancredo de Hauteville
 
 
 
 
 
 
 
8. Roger I de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Fredisenda
 
 
 
 
 
 
 
4. Roger II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Manfredo del Vasto
 
 
 
 
 
 
 
9. Adelaida del Vasto
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Guillerme I de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Afonso VI de León, de Galicia e de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Elvira de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Zaida de Sevilla (coñecida tamén como Isabel)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Guillerme II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
12. Ramiro Sánchez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. García Ramírez de Pamplona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Rodrigo Díaz de Vivar
 
 
 
 
 
 
 
13. Cristina Díaz de Vivar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Margarida de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
14. Gilbert de l'Aigle
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Margarida de l'Aigle
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Xuliana du Perche
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Guilllerme II na literaturaEditar

Na Divina Comedia, Dante menciona ao rei Gullerme o Bo, "un soberano estimado e amado polos seus súbditos", colocándoo no Paradiso, (XX, 61-65), entre os príncipes piadosos, xustos e sabios, xunto a David, Traxano e Constantino.

Predecesor:
Guillerme I
 
Rei de Sicilia

1166 - 1189
Sucesor:
Tancredo

NotasEditar

  1. Algunhas moedas amosan a inscrición cúfica al-malik Ghulyalim al-thani (Rei Guillerme Segundo), segundo Travaini (1991). Páxina 167.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "La régence de la reine Marguerite: Etienne du Perche à Palerme" en "Le royaume normand entre l'Orient et l'Occident" (en francés). Consultada o 8 de novembro de 2016.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "William I", Encyclopaedia Britannica, Fifteenth Edition, 2010.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Guillaume II, la politique étrangère: les deux empires", en "Le royaume normand entre l'Orient et l'Occident" (en francés). Consultada o 8 de novembro de 2016.
  5. "William II", Encyclopaedia Britannica, Eleventh Edition, 1911.
  6. Calisti, Baltassare 2010, p. 6.
  7. The Gesta Normannorum Ducum de Guillerme de Jumièges, Orderico Vitalis e Roberto de Torigni. Editada e traducida por Elisabeth M. C. Van Houts. Clarendon Press, Oxford, 1995.
  8. Schlichte, Annkristin 2005, pp. 267 e ss.
  9. Sed licet tot et tantis eum ditaverit et dotaverit bonis, per quem Reges regnant et Principes dominantur, feceritque illum prae cunctis terrae Regibus gloriosum, in hoc tamen inglorium illum reddidit, quod cum prolis negatione mulctavit: conclusit enim uterum consortis illius ut non pareret vel conciperet filium.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Calisti, Baltassare (2010): La cathédrale de Monreale. Cografa: Usmate Velate, Provincia de Monza e Brianza, Lombardía. ISBN 8874393288.
  • La Lumia, Isidoro (1867): Storia della Sicilia sotto Guglielmo il Buono. Firenze: Le Monnier.
  • Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). London: Longmans. ISBN 978-0-5711-0903-6.
  • Schlichte, Annkristin (2005): Der "gute" König: Wilhelm II. von Sizilien (1166 - 1189). Tübingen: Niemeyer. ISBN 978-3-4848-2110-1.
  • Travaini, Lucia (1991). "Aspects of the Sicilian Norman Copper Coinage in the Twelfth Century". En The Numismatic Chronicle. 151.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

  • Francesco Panarelli, Guglielmo II d'Altavilla, re di Sicilia, en Dizionario biografico degli italiani, Istituto dell'Enciclopedia Italiana Treccani (en italiano). Consultada o 8 de novembro de 21016.
  • Fulvio Delle Donne, Gualtiero, en Dizionario Biografico degli Italiani Vol. LX, Roma: Istituto dell'Enciclopedia Italiana, 2003, pp. 224–227. Consultada o 8 de novembro de 21016.