Lucio III, papa
Lucio III, nado en Lucca en 1097 e finado en Verona o 25 de setembro de 1185, foi o Papa n.º 171 da Igrexa católica de 1181 a 1185.[1]
Lucio III, papa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1110 |
Lugar de nacemento | Lucca |
Falecemento | 25 de novembro de 1185 |
Lugar de falecemento | Verona |
Soterrado | Verona Cathedral |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | clérigo, sacerdote católico e escritor |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
TraxectoriaEditar
De nome Ubaldo Allucinoli, era nativo da República de Lucca e monxe Cisterciense até ser nomeado, en 1142, Cardeal-Presbítero de Santa Práxedes polo papa Inocencio II para posteriormente actuar, baixo o pontificado de Uxío III como legado papal en Sicilia. Nomeado Cardeal-Bispo de Ostia e Velletri polo papa Hadrián IV, foi un dos cardeais máis influentes baixo o pontificado do papa Alexandre III.
Despois da súa elección, viviu en Roma de novembro de 1181 a marzo de 1182, pero disensións coa nobreza romana que non influíra na súa elección fixérono marchar ao exilio, que transcorreu en Velletri, Anagni e Verona.
Lucio III entrevistouse en Verona con Frederico Barbarroxa, emperador do Sacro Imperio Romano, para tentar resolver a disputa territorial existente sobre as posesións que a condesa Matilde de Toscana legara tras a súa morte á Igrexa durante o pontificado de Pascual II e que o daquela emperador Henrique V fixera súas alegando dereitos dinásticos. A negativa de Frederico a ceder ás pretensións do Papa xunto ao feito de que lle negase a súa axuda para regresar á Cidade Eterna, fixo que, en resposta, Lucio III non coroase coemperador ao seu fillo Henrique VI. A brecha do papado co Imperio volveu acrecentarse de maneira importante.
Nun sínodo celebrado en Verona, promulgou a constitución Ad abolendam na que condenou as herexías cátaras, valdenses e arnaldistas, converténdose nun instrumento eficaz contra calquera forma de indisciplina á ortodoxia católica, decretando que o castigo físico dos herexes correspondía á autoridade laica co que Ad abolendam converterase no embrión do futuro Tribunal da Santa Inquisición e do Santo Oficio.
En 1185, Lucio III empezou a preparar a Terceira Cruzada en resposta ás peticións de Balduíno IV de Xerusalén, pero faleceu en Verona e foi soterrado na Catedral da mesma cidade.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Lux in ostio (Luz na porta), cita que fai referencia a que antes de ser elixido pontífice foi cardeal de Ostia (ostia = "porta").
NotasEditar
- ↑ "Pope Lucius III". Catholic Encyclopedia. New York: Robert Appleton Company. 1913.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucio III, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |