Guillerme I de Sicilia

Guillerme I de Sicilia, nado en Palermo (ou talvez en Monreale) en 1130,[1] e finado en Palermo o 7 de maio de 1166, foi o segundo rei de Sicilia.

Gullerme I de Sicilia
Rei de Sicilia
Gravado de Guillerme I, chamado o Mao

Reinado1154-1166
Nacemento1130
Palermo
Falecemento7 de maio de 1166
Palermo
PredecesorRoxerio II de Sicilia
SucesorGuillerme II de Sicilia
ConsorteMargarida de Navarra
DescendenciaVéxase Matrimonio e descendencia
Casa realCasa de Hauteville
ProxenitoresRoxerio II de Sicilia
Elvira de Castela

Escudo de Guillerme I de Sicilia
Escudo da familia Hauteville
Na rede
WikiTree: Altavilla-23

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Guillerme era o cuarto fillo do rei Roxerio II de Sicilia e de Elvira de Castela, e neto, por tranto, de Afonso VI de León.

Foi alcumado Guillerme o Mao, debido a como relataou as crónica do seu reinado Hugo Falcandus, e en comparación co seu fillo e sucesor Guillerme II, o Bo.

Debido a que os seus irmáns máis vellos morreran foi, desde 1151 correxente co seu pai e, á morte deste en 1154, Rei de Sicilia.

Foi criado e educado na brillante corte de Palermo, baixo a influencia da cultura árabe na illa (xunto coa normanda e a grega-bizantina). Cun carácter menos enérxico que o do seu pai, cando accedeu ao trono non renunciou ás comodidades das que podía dispoñer, descoidando os asuntos do Reino, cuxa administración deixou en mans de terceiras persoas da súa confianza, especialmente nas de Maio de Bari que, co título de ammiratus ammiratorum (almirate dos almirantes), foi unha especie de primeiro ministro con plenos poderes. Excluíu á nobreza da administración e tratou de recortar a liberdade da que gozaban as cidades.

Conflitos co papa, os bizantinos e a nobreza editar

Ao principio do seu reinado Guillerme debeu enfrontar unha difícil situación política, debido a que a súa autoridade non foi recoñecida polo emperador bizantino Manuel I Comneno, nin polo do Sacro Imperio Romano Xermánico, Frederico I Barbarroxa, nin polo papa Hadrián IV. E no plano interno, polos nobres, contrarios ao absolutismo establecido por Roxerio II, e quer foro apoiados e estimulados polo papa Hadrián.

A revolta filobizantina (1155-1158) editar

 
O Reino de Sicilia en 1154.
 
O sur de Italia en 1156, cos territorios de Guillerme o Mao (en amarelo), despois das conquistas de Hadrián IV e Miguel I.

A principios de 1155 chegáronlle noticias a Manuel Comneno de que os baróns da Puglia, que nunca viran con bos ollos aos Hauteville, estaban planeando rebelarse contra o rei normando.[2]

Entón o emperador enviou a Italia aos seus dous mellores xenerais Miguel Paleólogo e Xoán Ducas coa misión de tomar contacto cos baróns da Puglia e con Frederico Barbarroxa: este estaba en Ancona e estaba disposto a tomar partido cos bizantinos, pero os seus baróns negáronse a continuar a campaña en Italia debido ao seu clima demasiado cálido e a varias enfermidades que esgotaran ás tropas. Pero Manuel non desesperou. A revolta contra os Hauteville estábase expandindo en toda a Italia meridional. Contra a fin do verán de 1155, o conde Roberto di Loritello, o líder da revolta, reuniuse en Vieste con Miguel Paleólogo. Os dous alcanzaron un acordo rápido: os nobres que se rebelaran contra os Hauteville gozaran de vantaxes económicas e de poder en tempos do poder de Constantinopla, e desexaban que o Reino de Sicilia volvera a ser parte do imperio bizantino. Despois deste acordo os bizantinos uníronse aos exércitos dos nobres de Puglia, e estaban listos para atacar. A primeira acción foi en Bari, que se rendeu rapidamente: o castelo real foi destruído polos baritanos, e comezaron a sitiar Brindisi. O exército do rei Guillerme foi decimado nos arredores de Andria.[3]

Guillerme, porén, non estaba desprovisto de forza militar. Á súa chegada á Península Itálica destruíu a frota e o exército gregos no sitio de Brindisi o 28 de maio de 1156 e recuperou Bari.

O papa Hadrián debeu pactar, no tratado de Benevento (18 de xuño de 1156), confirmando a Guillerme como rei lexítimo, e en 1158 asinouse a paz cos bizantinos.

Estes éxitos diplomáticos foron probabelmente debidos a Maio; por outra parte, os dominios africanos logrados polo seu pai perdéronse en favor dos almohades (1156-1160), e é posíbel que fora unha táctica de abandono debido aos perigos do Reino polo norte.

Útimos anos editar

A política de Maio conduciu a unha conspiración xeral e, en novembro de 1160 foi asasinado por Mateo Bonello, líder dos nobres sicilianos. Durante algún tempo o rei estivo en mans dos conspiradores, que tramaban asesinalo ou depoñelo, pero Guillerme contaba con apoio da poboación xeral e do exército, que se reuniron en torno á súa defensa. Así, nunha curta campaña, reduciu aos sublevados.

 
Tumba de Guillerme I.

Liberado das presións, Guillerme confiou o goberno aos homes que se formaran na escola de Maio, creando un triunvirato co protonotario, Mateo de Ajello, o conde Silvestre de Marsico e o arcebispo de Mesina, Ricardo Palmer.

Morte editar

Guillerme morreu o 7 de maio de 1166 en Palermo, e foi soterrado na catedral de Monreale.

Matrimonio e descendencia editar

Coa súa esposa, Margarida de Navarra, tivo catro fillos:

Predecesor:
Tancredo de Hauteville
Príncipe de Taranto
1138 - 1144
Sucesor:
Simón de Taranto
Predecesor:
Afonso de Hauetville
Príncipe de Capua
1144 - 1154
Sucesor:
Roberto III
Predecesor:
Roxerio III
Duque de Apulia e Calabria
(como Guillerme III)

1148 - 1154
Sucesor:
Roxerio IV
Predecesor:
Roxerio II
 
Rei de Sicilia

1154 - 1166
Sucesor:
Guillerme II

Notas editar

  1. Tradicionalmente considérase que naceu en 1120, pereo isto é probabelmente falso; seu pai casou con Elvira de Castela en 1117, e antes de Guillerme tioveron polo menos tres fillos: Roxerio, Tancredo e Afonso.
  2. Ravegnani, Giorgio 2004, p. 204.
  3. Xoán Cínamo, p. 138, 5-146, 17.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aubé, Pierre (2001): Roger II de SicilieArquivado 25 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1.
  • Chalandon, Ferdinand (1907): Histoire de la domination normande en Italie et en Sicile. París: Librairie Alphose Picard et Fils.
  • Cinnamo, Xoán: Sumario dos éxitos do gran emperador e señor porfiroxénito Xoán Comneno e narración dos logros do seu celebrado fillo e señor porfiroxénito Manual Comneno, feita por Xoán Cinnamo, o seu secretario imperial. (Ed. de A. Meineke, Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae, Bonn, 1836).
  • Curtis, Edmund (1912): Roger II, King of Sicily. Nova York & Londres; G. P. Putnam's Sons.
  • Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily. Cambridge (Reino Unido): Cambridge University Press. ISBN 0-5216-5573-0.
  • Norwich, John Julius (1967): The Normans in the South (1016-1130). Londres: Longmans. ISBN 0-9073-8700-4.
  • Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). Londres: Longmans. ISBN 0-5821-2735-1.
  • Ravegnani, Giorgio (1992): I trattati con Bisanzio 992-1198. Venezia: Il Cardo.
  • Ravegnani, Giorgio (2004): I bizantini in Italia. Bologna: il Mulino.
  • Telese Alessandro di (1991): Ystoria Rogerii regis Sicilie, Calabrie atque Apulie. Roma: Istituto storico italiano per il Medio Evo. Col. Fonti per la storia d'Italia, nº 112. Ed. de Ludovica De Nava e Dione Clementi. (Texto orixinal en latín, con tradución ao italiano e comentarios en inglés).

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar