Provincia de Monza e Brianza

Provincia di Monza e della Brianza
País Flag of Italy.svg Italia
Rexión Flag of Lombardy.svg Lombardía
Capital Monza
Área 405,49 km²
Poboación 838.367 (2009)
Densidade 2058 hab/km²
Municipios 55
Matrícula MB
Código postal 20900
Prefixo telf. 039, 0362, 02
Presidente Dario Allevi [1] (PdL) 07.06.2009
Monza Brianza posizione.png
Situación da Provincia de Monza e Brianza en Italia

Monza e Brianza, ou Mùnscia e Briansa en lombardo occidental, é unha provincia da rexión da Lombardía, en Italia, instituída o 12 de maio de 2004,[2] posta en marcha nas eleccións do 2009. A súa capital é a cidade de Monza.

Localización e característicasEditar

Ten unha área de 405,49 km², e unha poboación duns 840 000 habitantes (2009). Limita polo norte coa provincia de Lecco e a provincia de Como, polo oeste coa provincia de Varese, e polo oeste coa provincia de Bérgamo e a provincia de Milán, coa que tamén confina polo sur.

Comprende a parte meridional da rexión xeográfico-histórica de Brianza, estendéndose desde Canzo (norte) até a zona de Monza (sur), e desde o río Séveso (oeste) até o río Adda (leste). Polo medio de Brianza transcorre o río Lambro.

Actualmente ten atribuídas as seguintes comunas: Agrate Brianza, Aicurzio, Albiate, Arcore, Barlassina, Bellusco, Bernareggio, Besana in Brianza, Biassono, Bovisio-Masciago, Briosco, Brugherio, Burago di Molgora, Busnago, Camparada, Caponago, Carate Brianza, Carnate, Cavenago di Brianza, Ceriano Laghetto, Cesano Maderno, Cogliate, Concorezzo, Cornate d'Adda, Correzzana, Desio, Giussano, Lazzate, Lentate sul Seveso, Lesmo, Limbiate, Lissone, Macherio, Meda, Mezzago, Misinto, Monza, Muggiò, Nova Milanese, Ornago, Renate, Roncello, Ronco Briantino, Seregno, Seveso, Sovico, Sulbiate, Triuggio, Usmate Velate, Varedo, Vedano al Lambro, Veduggio con Colzano, Verano Brianza, Villasanta, Vimercate

NotasEditar

  1. "Risultato elettorale". Consultado o 10 de agosto de 2010. 
  2. "Legge 146 2004", approvata in parlamento l'11 giugno 2004. "Istituzione della provincia di Monza e della Brianzae".

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar