Cidade metropolitana de Milán
A Cidade metropolitana de Milán (en italiano: Città metropolitana di Milano) é un ente local italiano pertencente á Lombardía, no norte do país. A súa capital é a cidade de Milán.
Desde o 1 de xaneiro de 2015 substituíu a provincia de Milán.[1]
Xeografía
editarO seu territorio, que ocupa 1575,65 km², encóntrase na parte da chaira padana comprendida entre os ríos Tesino e Adda. Limita ao norte coas provincias de Varese, Monza e Brianza; ao leste coa provincia de Bérgamo; ao sueste coas provincias de Cremona e Lodi; ao suroeste coa provincia de Pavia e ao oeste coa provincia de Novara, situada na rexión de Piemonte.
Demografía
editarEn 2014 contaba cunha poboación de 3 196 825 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2 028,89 hab/km².
A cidade metropolitana comprende 134 municipios:[3]
Notas
editar- ↑ Città metropolitane, province e unioni di comuni: cosa cambia, governo.it
- ↑ Datos do ISTAT do 31-12-2014 Arquivado 01-10-2018 en Wayback Machine..
- ↑ Il territorio e i comuni Arquivado 09 de xullo de 2016 en Wayback Machine., cittametropolitana.mi.it
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade metropolitana de Milán |
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial (en italiano).