Abrir o menú principal

Istituto Nazionale di Statistica

(Redirixido desde "ISTAT")
Sede central do ISTAT en Roma.

O Istituto Nazionale di Statistica (ISTAT) (Instituto Nacional de Estatística), é o órgano estatístico do goberno italiano.

Foi instituído en 1926, durante o goberno de Mussolini, para recoller de forma organizada algúns datos esenciais da vida económica e demográfica do país.

As súas actividades comprenden o censo da poboación, o das actividades produtivas e os servizos e estudos estatísticos das familias (consumo, traballo, aspectos da vida cotiá, saúde, seguridade, uso do tempo, ocio, etc).

Véxase taménEditar