Eurostat

oficina estatística da Comisión Europea

O Eurostat (Statistical Office of the European Communities, Oficina estatística das Comunidades Europeas) é a oficina estatística da Comisión Europea, que produce datos sobre a Unión Europea e promove a harmonización dos métodos estatísticos dos estados membros.

Edifício do Eurostat en Luxemburgo

Dous dos seus papeis particularmente importantes son a produción de datos macroeconómicos que apoian as decisións do Banco Central Europeo na súa política monetaria para o euro, e os seus datos rexionais e a clasificación Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas (NUTS), que orientan as políticas estruturais da Unión Europea.

O Eurostat é unha das Direccións Xerais da Unión Europea e ten a súa sede en Luxemburgo.

Desde o 18 de maio de 2006 o seu Director Xeral é o economista francés Hervé Carré, que está asistido por 7 directores, cada un co seu sector de actividade dentro do Eurostat:

  • Recursos
  • Métodos estatísticos
  • Contas nacionais e europeas
  • Estatísticas económicas e rexionais
  • Estatísticas agrícolas e ambientais; Cooperación estatística
  • Estatísticas sociais e Sociedade da Información
  • Estatísticas das empresas

Organización temática editar

Os datos do Eurostat atópanse divididos en 9 áreas temáticas principais e en 30 áreas subtemáticas. As áreas temáticas principais son:

  • Estatísticas xerais e rexionais
  • Economía e finanzas
  • Poboación e condicións sociais
  • Industria, comercio e servizos
  • Agricultura e pesca
  • Comercio exterior
  • Transportes
  • Ambiente e enerxía
  • Ciencia e tecnoloxía

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar