Afonso VI de León

rei de León (1065), de Galicia (1071) e de Castela (1072)
(Redirección desde «Afonso VI de Castela»)

Afonso VI, nado contra 1040,[1] [2] e finado entre o 29 de xuño e o 1 de xullo de 1109, foi un nobre do Reino de León.

Modelo:BiografíaAfonso VI de León

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Alfonso VI
(gl) Afonso VI
(la) Adefonsus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoxuño de 1040 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1109 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSahagún Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Galicia
1073 – 1 de xullo de 1109
Monarca do Reino de Castela
13 de outubro de 1072 – 1 de xullo de 1109
← Sancho IIIOrraca de León →
Monarca do Reino de León
13 de outubro de 1072 – 1 de xullo de 1109
Monarca do Reino de Galicia
1071 – 1072
← García II de GaliciaGarcía II de Galicia →
Monarca do Reino de León
1065 – 1071
← Sancha I de GaliciaOrraca de León → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante, guerreiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Galicia
Imperator totius Hispaniae
Emperador das Dúas Relixións Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Ximena Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBeatriz de Poitiers (1108–1109)
Zaida de Sevilla (1100–1107)
Isabel de León (1100–1107)
Bertha de León (1093–1099)
Constanza de Borgoña (1079, 1081–1093), morte do cónxuxe
Inês da Aquitânia, rainha de Leão e Castela (1069–1078) Editar o valor en Wikidata
ParellaJimena Muñiz Editar o valor en Wikidata
FillosSancha de Castela
 () Zaida de Sevilla
Elvira de Castela
 () Jimena Muñiz
Tareixa, condesa de Portugal
 () Jimena Muñiz
Orraca de León
 () Constanza de Borgoña
Sancho Afónsez
 () Zaida de Sevilla
Elvira de León, raíña de Sicilia
 () Isabel de León Editar o valor en Wikidata
PaisFernando I de León Editar o valor en Wikidata  e Sancha I de Galicia Editar o valor en Wikidata
IrmánsSancho III
García II de Galicia
Urraca de Zamora
Elvira de Toro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Enciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX826011 WikiTree: Castilla-26

Era fillo de Fernando I de Castela, o Magno, (1035-1065) e de Sancha I de Galicia, e foi rei de León desde o 27 de decembro de 1065, e de Galicia e de Castela a partir do 6 de outubro de 1072.[3]

Así, a partir de 1072 intitulouse rex Adefonsus in Castella et in Legione et in Gallecia (rei Afonso en Castela, en León e en Galicia)[4] ou simplemente en tota Gallecie (toda Galicia)[4]. Despois da conquista de Toledo en 1085 autoproclamouse Victoriosissimo rege in Toleto, et in Hispania et Gallecia (Vitoriosísmo rei en Toledo, e en Hispania e Galicia).[5] O papa Urbano II, personaxe perfectamente informado, dirixíuselle nunha carta de 1088 como Regi Ildefonso Gallitia[6] e, na primeira metade do século XII, as crónicas anglo-normandas de Guillerme de Malmesbury titulárono Gallicae Regie mentres a Historia Ecclesiástica de Orderico Vital denominouno rex Galliciae [7] e Ibn 'Iḏārī refírese a el como rei de Yillíqiya. [8]

Os historiadores alcumárono como o Bravo.

División do Reino de Castela

editar
 
Folio 4v do Antifonario visigótico-mozárabe da catedral de León (c. séc. X), asinado por Afonso, seu irmán García e, quer seu irmán Sancho, quer súa nai Sancha (1062-1063).[9]

Como segundo fillo do rei Fernando I de Castela e Sancha I de Galicia,[10] Afonso non ía herdar a coroa de Castela. Porén, en 1063, seu pai convocou á corte para anunciar a súa decisión de dividir o Reino entre os seus fillos: a Afonso deixoulle León; Castela foi para o seu irmán Sancho, e Galicia para o seu outro irmán García.[11] A cada un dos irmáns tamén lle asinou a unha esfera de influencia nos Estados de Taifas. Así mesmo deixou ás súas fillas as cidades de Toro (a Elvira) e de Zamora (a Urraca), tamén con título real, e unhas rendas adecuadas. Ao cederlles estes territorios, expresou o seu desexo de que os irmáns respectaran a súa decisión.

Os Reinos do norte da península

editar
 
Situación política no norte da península Ibérica contra 1065:      García, co dominio de Galicia      Badaxoz, tributario de García      Sevilla, tributario de García      Afonso VI, co dominio de León      Toledo, tributario de Afonso      Sancho II, co dominio de Castela      Zaragoza, tributario de Sancho

Primeiros anos

editar

Á morte do seu pai en 1065, herdou del o Reino de León. Pouco despois de subir ao trono, quitou do poder do Reino de Galiza (1071) ao seu irmán García II, só cinco anos despois de coroarse. Herdara o reino mellor organizado, as súas irmáns e máis a súa nai vivían na Corte e tiña todo o apoio da nobreza leonesa. Pero no ano 1068 entrou en conflito con Sancho II, rei de Castela, e tras a Batalla de Golpejera foi feito prisioneiro e exiliado a Toledo.

Tras a morte do rei Sancho II, asasinado en Zamora, cando estaba cercando a cidade, volveu de Toledo cara a Zamora e León coas acusacións de instigar aquel asasinato. Pero Afonso non tiña rival algún no poder real, e necesitaba atar á nobreza castelá, polo que acudiu a Burgos, onde doce conxurados (entre eles o Cid Campeador) na Xura de Santa Gadea, lle fixeron xurar solemnemente que non participara no asasinato do seu irmán o rei Sancho II, o que lle valeu o desterro de Castela.

Á morte de Sancho IV de Navarra, Afonso tomou a iniciativa e entrou en Nájera, onde se fixo cargo, a través de diversas alianzas matrimoniais dos seus nobres, das posesións de Navarra, incorporando por primeira vez ós nobres vascos, navarros e rioxanos nas empresas de conquista e expandindo de forma considerábel o seu reino, obtendo a vasalaxe do rei Sancho Ramírez de Aragón, xa que este fora incorporando ao seu reino a parte mais ampla, poboada e rica do reino pamplonés.

Expansión territorial

editar

En agosto do 1076, Afonso toma Sepúlveda. Pouco despois, os casteláns atravesan o río Douro, e toman Medina del Campo, Olmedo, Íscar, Coca e Cuéllar, e a medida que ían avanzando, foi necesario asegurar a alianza co rei de Toledo, xa que os Reinos Taifas entraran nunha dinámica de inestabilidade. Foi nestas campañas, cando o Rei Afonso entra en confrontación con Rodrigo Díaz de Vivar, O Cid, quen no ano 1080, en resposta a un ataque a San Esteban de Gormaz, fixo unha entrada no reino taifa de Toledo. Afonso acusouno de guerrear sen o seu permiso e desterrouno. Rodrigo perdía con isto o seu poder político na Corte, mais conservou poder militar de primeira importancia dentro da estratexia xeral, xa que actuou na Taifa de Zaragoza e no Levante dun xeito moi favorábel ós intereses casteláns naquela rexión xeográfica. Tal foi así que, despois de se asegurar a lealdade dos nobres da Rioxa, Biscaia e Áraba, entrou nos seus plans a conquista de Toledo como algo inevitábel se quería consolida-lo dominio cristián alén o río Douro. A partir do 1082 a política contra dos taifas endureceuse tratando de obter máis tributos, asegurar dependencias e controlar mellor os territorios dos reinos musulmáns. No 1082 enviou unha embaixada a Sevilla tratando de obter un aumento das parias, pero o rei Al-Mu´tamid apresou os embaixadores. A resposta de Afonso foi invadir o seu reino, chegando ata Sevilla, e alcanzou Tarifa. O obxectivo era restabelecer o estado das cousas, pero xa o rei sevillano chamara na súa axuda aos Almorábides do norte de África, que naqueles intres estaban tomando Ceuta. Con aquela cidade no seu poder, nada impediu que cruzasen o estreito e a súa presenza cambiou as tornas da historia andalusí. Con Yusuf bi Tasufin á fronte dun poderoso exército que descompuxo a estratexia política e guerreira dos cristiáns, pero acabou tamén coa existencia mesma dos taifas.

A capitulación de Toledo

editar

Afonso suponse que tiña coñecemento da potencia guerreira dos Almorábides, polo que a súa política máis lóxica foi aumentar a presión sobre Toledo e Zaragoza para conseguir unha posición mais favorábel ante a nova situación.

O asedio de Toledo empeza no 1084, co corte de árbores e arrasamento das terras laborábeis do seu arredor e a instalación dun campamento permanente. O rei de Toledo comeza axiña as negociacións cara a salvar o seu prestixio e poboación musulmá da cidade, que política e militarmente se daba por perdida, xa que a situación naquel intre non era posíbel unha axuda exterior. A capitulación foi o 6 de maio do ano seguinte, inda que a entrada triunfal foi o 25, quedou como modelo para futuras capitulacións doutras cidades hispano-musulmás, que amosaba a máxima liberdade cos vencidos, deixando os bens nas súas mans, a liberdade de culto na mesquita maior, á cal lle conservou o seu patrimonio, conservaron o seu réxime fiscal e liberdade para emigrar cos seus bens móbiles, non así os inmóbeis, que quedaban en mans do Rei, pero que eran devoltos en caso de volver de novo á cidade. A intención de Afonso era a de conservar a toda a poboación posible e acadar de novo o tecido produtivo, xa que era imposible poboar de novo unha cidade enorme por aquel entón (tiña uns 37 000 habitantes, e León non pasaría de 1 500) completamente necesaria para protexer o seu reino. Para cubrir o seu flanco oriental, axudou a recuperar o dominio de Valencia a Al-Qadir, que soamente reinou 3 anos, e de paso cortaba o paso dun posible apoio a Zaragoza.

As consecuencias políticas para Afonso da toma de Toledo foron inmediatas, xa que o seu prestixio medrou moito na cristiandade o que lle permitiu consolidar alianzas e relacións, especialmente co Cluny, a nobreza borgoñoa e o Pontificado. As consecuencias estratéxicas foron, por unha banda a de rachar o eixo principal de comunicación entre Zaragoza e Al-Ándalus, o que dificultaba o envío de auxilios militares. Por outra banda temos que por vez primeira o dominio destas terras permitiu o poboamento das terras do Texo medio e o Sistema Central deica a liña do Douro o que rachaba definitivamente co equilibrio de forzas establecido dende comezos do Século X.

 
A expansión almorábide.

Púxolle cerco a Zaragoza, para castigar a actitude do seu emir e esixirlle o pago das parias debidas, e nese intre desembarcan os Almorábides en Alxeciras, cun profundo receo de moitos taifas polo risco que supoñía o seu prestixio relixioso e político e a súa capacidade militar, polo que o seu avance cara ao norte contra os dominios dos cristiáns foi lento. O encontro tivo lugar en Zalaca o Sagrajas, na beira dereita do Guadiana, que se ben foi favorábel ós musulmáns, e Afonso foi ferido, non foi definitivo. Tal é así, que os Almorávidas se retiraron primeiro a Sevilla, e logo ó norte de África de novo, sen querer intervir na situación política andalusí.

Afonso continuou entón coa súa política de percibir as parias e fortalecer os acordos. Xa o conseguira de Zaragoza, e a Rodrigo Díaz de Vivar enviouno a atacar Lleida, axudou a independencia de Murcia do Taifa de Sevilla, e o seu acordo de amizade con Valencia foi renovado, cando de novo e dende Sevilla se chama aos Almorábides. Dirixíronse a Aledo, que cercaron, pero debido á escasa axuda dos taifas de Granada e Sevilla, retiráronse de novo. Como a política de Afonso non variaba, continuando co debilitamento polos medios que foran necesarios aos taifas, que se enfrontan uns cos outros, os Almorábides cruzan de novo o estreito, pero coa intención de quedar, e diríxense a Toledo, a que cercan, pero non chegan a tomar. Toman Granada e tódalas súas terras e para Afonso significaba o derrube case completo do réxime de protectorado e parias que restabelecera case por completo. O cerco almorábide continúa e toman todo o Levante agás Valencia, cidade que toma o Cid coas súas tropas e mantén afastados os Almorábides ós que derrotou en Cuarte. Pero os Almorábides diríxense agora para o occidente, tomando Badaxoz e Lisboa. Nos anos seguintes, non deixan do seu empeño en tomar Toledo, e Valencia, que foi cercada, pero mantense ata a morte do Cid, cando Afonso chegou para axudar aos cristiáns a saír dela, despois de queimar o Alcázar, a mesquita principal e parte dos seus casaríos. O corpo do Cid foi soterrado no Mosteiro de Cardeña, onde viviu a súa viúva Ximena 12 anos máis, ata o seu pasamento. Con Valencia en mans dos Almorábides, a situación en todo o Levante e no Val do Ebro trocou rapidamente, podendo atacar o Conde de Barcelona, e Ermengol IV morreu na batalla de Mollerussa, Zaragoza deixou de pagar as parias a Afonso e o fillo do visir foi a Sevilla a acatar o herdeiro de Tasufín, Ali.

Matrimonios e descendencia

editar

Afonso casou polo menos cinco veces e tivo dúas amantes, cunha das cales probabelmenmte casou posteriormente.[12][13][14][15]

  • Primeiro: con Inés de Aquitania en 1069. Logo de 8 anos de unión, en 1077, o rei obtén a anulación da súa voda alegando a esterilidade de Inés. Ela morrerá un ano máis tarde, en 1078. Tras o seu divorcio, ao parecer (aínda que isto non é seguro) estableceu conversacións para un posíbel matrimonio con Agatha de Normandía, filla do rei Guillerme I de Inglaterra (Guillerme o Conquistador) , pero a súa morte prematura en 1080 frustra o proxecto.[16]
  • Segundo: con Constanza de Borgoña en 1081,[17] filla de Roberto I, duque de Borgoña, e bisneta de Hugo Capeto, rei de Francia, e ademais viúva, sen fillos, do conde Hugo II de Châlon. A este matrimonio inicialmente opúixose o papa, ao parecer debido ao seu parentesco con Inés de Aquitania. O seu reinado como raíña consorte trouxo significativas influencias cluniacienses ao Reino. Faleceu en setembro ou outubro de 1093, e foi a nai da filla lexítima de Alfonso:
    • Urraca (n. 1081 - m. 1126), a cal acabaría sendo a sucesora do seu pai no trono.
    • e doutros cinco nenos que morreron na infancia, entre eles Elvira (n. 1082).
  • Terceiro: con Berta de Borgoña-Maçon en 1093. Ela morrerá en 1095 sen descendencia.
  • Cuarto: con Zaida (bautizada Isabel), en 1098.
Véxase tamén: Zaida de Sevilla.

Para algúns historiadores era a viúva do rei taifa de Toledo, Al-Mamun. O seu nacemento debeu producirse contra 1063, en Al-Ándalus. As primeiras informacións sobre a vida de Zaida proceden da crónica árabe Al-Bayan al-mugrip de Ibn Idari, traducida por E. Levi-Provençal, que indican que casou con Abu Nasr Al'Fath al-Ma'mun, rei da taifa de Córdoba, fillo do rei sevillano Muhammad ibn 'Abbad al-Mu'tamid (1040-1095). Polo tanto, era nora e non filla do rei 'Abbad al-Mu'tamid, como afirman outros historiadores. No Cronicón de Cardeña dise que era sobriña de d'Auenalfage, personaxe ao que Menéndez Pidal, en La España del Cid, identifica con Alhayib, rei das taifas de Lleida e de Dénia (1081-1090). Deste matrimonio (que dura até a morte de Zaida en 1107) naceron 3 fillos:

  • Sancho (n. 1098 - m. 1108), único fillo home e presunto herdeiro do rei; a súa prematura morte na batalla de Uclés acelerou a fin do seu pai.
  • Elvira (n. 1100 - m. 1135), casada con Roxerio II, rei de Sicilia.
  • Sancha (n. 1101 - m. ?), casada con Rodrigo de Lara, conde de Liébana.

Quinto: con Beatriz (a súa orixe é dubidosa, posible membro da casa de Leste ou da casa ducal de Aquitania). Este enlace, celebrado en 1108, durará só un ano, ata a morte do rei.

 
Epitafio de X. Muñoz.

Ademais, tivo varias relacións extramatrimoniais, sendo a máis notoria a que tivo con:

Ximena Muñoz (ou Ximena Nuñez de Guzmán segundo algúns historiadores), a cal deulle 2 fillas:


Os derradeiros anos de Afonso VI

editar
 
Sinatura de Afonso VI en 1097

Coa perda de Valencia, Afonso viuse na obriga de defender mellor a fronteira oriental de Toledo e impedir o mesmo tempo, que os Almorábides conquistasen unha vía de comunicación interior desde a meseta o Val do Ebro. De aí veu a toma de Medinaceli no 1104. As novas de actividades guerreiras a partir deste ano son moi escasas, xa que no 1106 morre Tasufin, e Afonso lanzou cada verán algaradas contra o sur desde Toledo, castigando a rexión de Sevilla e Málaga, de onde trouxo moitos mozárabes para a repoboación da terra de Toledo. En Aragón acada ó poder Afonso I de Aragón, o Batallador, que pronto chega a un acordo con Armengol VI e xorde a forte alianza do Condado de Urxel e o Reino de Aragón.

A cuestión sucesoria era neses intres o maior interese político de Afonso, que nomea o seu fillo bastardo Sancho como o seu herdeiro, en prexuízo de Afonso, o seu neto e fillo de Urraca e Raimundo e que fora educado por Xelmírez, bispo de Santiago e asegurou a Urraca e ó seu fillo o goberno do Reino de Galiza, á morte de Raimundo de Borgoña (1107).

Na primeira metade de maio de 1108, os Almorábides baixo o mando de Tamín ben Yusuf, irmán do sultán Alí ben Yusuf, sae do Granada con tropas, ás que uniron outras procedentes de Murcia, Valencia e Córdoba coa intención de atacar o sector oriental e abrir camiño cara a Zaragoza, que a toma de Medinaceli cortara. A épica batalla entre os exércitos ten lugar en Uclés, que é un verdadeiro desastre militar e político para o rei, onde morre o herdeiro ó trono Sancho e máis a meirande parte dos nobres que foran clave para o exercicio do poder e o mantemento da orde monárquica afonsina. Segundo D.Rodrigo, o rei exclamou ¡Ay meu fillo!, alegría de mi corazón e lune dos meos ollos, solaz de niña vellez,. ¡Ay neu espello en que yo me solía ver, e con que tomaba moy gran placer! Caballeros, ¿hu melo dejastes? Dadme mey fillo, condes.

A infanta Urraca, filla lexítima de Afonso e viúva de Raimundo de Borgoña (Conde de Galiza), con dous fillos, Sancha de Castela e Afonso, era agora a única herdeira lexítima o trono, polo que se impuña un novo matrimonio, xa que a súa experiencia política era escasa, e o elixido foi Afonso I de Aragón.

Afonso VI exerceu o poder efectivo ata o intre mesmo do seu pasamento. Afonso, despois de tomar algunhas decisións de índole eclesiástica, dirixiuse a Toledo para intentar paliar os danos da derrota de Uclés, e morreu en Toledo o 1 de xullo de 1109, sendo soterrado no Mosteiro de Sahagún, 20 días despois. A súa filla Urraca foi nomeada raíña de León no mesmo Toledo.

Na literatura e na ficción

editar

A peza teatral Palabras de víspera de Álvaro Cunqueiro, escrita en 1968 e publicada en 1974, trata da súa irmá Urraca e o seu namoro de Afonso.[18][19]

Na serie de televisión da TVG e máis a RTVE O final do camiño (2017) o personaxe de Afonso VI foi interpretado polo actor Asier Etxeandia.

  1. Aínda que algúns historiadores din que naceu en 1040, un texto contemporáneo dun cronista anónimo de Sahagún, que coñeceu ao monarca e estivo presente no seu leito de morte, morreu á idade de 62 despois de reinar durante 44 anos, o que indica que nacieu en 1047.
  2. Martínez Díez 2003, pp. 19,21 and 160.
  3. "Rege domno Adefonso, qui regebat Castella et Legione et tota Gallecia", Serrano, Luciano (1910). Becerro gótico de Cardeña (PDF). Valladolid: Cuesta. p. 18. 
  4. 4,0 4,1 López Carreira 2005, p. 336.
  5. Heráldica general y fuentes de las armas de España.
  6. López Carreira 2005, p. 230.
  7. López Carreira 2005, p. 232.
  8. Carballeira Debasa, A. M. (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. Consejo Superior de Investigaciones Científicas (España). Páx. 177
  9. Menéndez Pidal, Gonzalo. Varia medievalia 2. Real Academia de la Historia. p. 150. Consultado o 19-08-2018. 
  10. Miranda Calvo 1976, p. 112.
  11. Martínez Díez 2003, p. 33.
  12. Canal Sánchez-Pagín 1991, pp. 11–40.
  13. Reilly 1988.
  14. Salazar y Acha 1992–1993, pp. 299–336.
  15. Palencia 1988, pp. 281–90.
  16. Douglas 1964, pp. 393–95.
  17. Barton 2015, p. 187.
  18. Álvaro Cunqueiro. Aniversario do seu nacemento (1911-2011). 2011. p. 4. 
  19. Abuín González, Anxo; F. Vieites, Manuel (2007). Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. Galaxia. pp. 116 e 120. 

Véxase tamén

editar
  Os reis e as raíñas da Galiza.
  García I e Afonso VI. Un reino entre dous irmáns.
(Nós Diario, 11.10.2022)

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
Afonso VI de León
Dinastía Ximena
Nacemento: 1040 Falecemento: 1109


Títulos Reais
Precedido por
Sancha I de Galicia e Fernando I de Castela


Rei de León
(Nova demarcación)

(1065–1072–1109)
Sucedido  por
Urraca
Precedido por
García II


Rei de Galicia e Portugal
(xunto a Sancho II
entre 1071 e 1072)

1090–1109
Precedido por
Sancho II de Castela


Rei de Castela
1072–1109
Precedido por
Al-Qádir


Rei de Toledo
1085–1109
Títulos Honoríficos
Precedido por
Novo título


Imperator totius Hispaniae
(Emperador de toda Hispania)

1077-1109
Sucedido  por
Urraca
(con Afonso o Batallador)
Precedido por
Novo título


al-Imbraţūr dhī-l-Millatayn
(Emperador das dúas relixións)

1085
Sucedido  por