Conrado de Urach
Conrado de Urach (en alemán: Konrad von Urach), no século Konrad ou Kuno von Zähringen, foi un monxe e abade cisterciense, que foi nomeado cardeal bispo de Porto-Santa Rufina en Roma. Elixido papa, rexeitou o papado.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1170 Zähringen castle, Alemaña (en) |
Morte | 30 de setembro de 1227 (56/57 anos) Bari, Italia |
Lugar de sepultura | abadía de Claraval |
Cardeal | |
8 de xaneiro de 1219 – | |
Abade de Claraval | |
Abade | |
Abbot of Cîteaux (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, monxe cristiano |
Orde relixiosa | Orde do Císter |
Consagración | Honorio III |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 30 de setembro |
Familia | |
Pais | Egino IV, Count of Urach e Agnes von Zähringen |
Irmáns | Berthold von Urach Egino V. Agnes of Urach |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Traxectoria
editarConrad naceu en 1180,[2] era o segundo fillo do conde Exino IV de Urach e da súa esposa Agnes, irmá de Berthold V de Zähringen, das primeiras xeracións das liñaxes do Ducado de Wurtemberg. A súa primeira educación foi confiada ao su tío avó Rodolfo de Zähringen, príncipe-bispo de Liexa. A temperá idade foi nomeado cóengo da Catedral de San Lamberto de Liexa. Seus pais casaron en 1181.
En 1199 ingresou na Abadía de Villers, no Ducado de Brabante, cuxo abaed era un outro tío seu. Pouco tempo despois foi promovido prior e, en 1209, abade. En 1214 foli nomedo abade de Claraval e, en 1217, abade de Císter e xeneral da Orde do Císter, sucedendo a Arnaud Amaury, primeiro legado da Cruzada albixense.
Mentres estaba en Roma por asuntos da Orde, o papa Honorio III nomeouno cardeal o 8 de xaneiro de 1219 e, máis tarde, nomeouno legado papal con dúas misións importantes: unha en Francia (desde 1220 até 1223), para reprimir aos albixenses; a outra en Alemaña (desde 1224 até 1226), para promover a Cruzada que o emperador Frederico II anunciara emprender (a eventual Sexta Cruzada). En febreiro de 1221, en calidade de legado papal, Conrado de Urach decretou que todas as terras e ingresos que lle fora, o podería ser no futuro, conferidos por Amaury de Montfort e outros mecenas volvería aos doantes.[3]
As dúas misións de Conrado non foron particularmente relevantes desde o punto de vista militar, pero foron unha oportunidade para convocar sínodos e fundar mosteiros que contribuíron a mellorar a disciplina monástica e eclesiástica, así como para contribuír ao avance dos dominicos, cuxa fundación-casa en Tolosa (1214) estaba idealmente situada como bigornia para a súa función como terceiro legado da Cruzada albixense. En 1220 aprobou os estatutos da Facultade de Medicina da Universidade de Montpellier.
Posteriormente trasladouse a Alemaña, onde foi o responsábel da declaración como mártir de Engelberto II de Berg, arcebispo de Colonia asasinado o 7 de novembro de 1225. A súa presión sobre o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico tiña como obxectivo limitar a creciente moslimización de Federico II e defendendo os intereses da nobreza do sur de Alemaña, á que pertencía.
En 1226 Conrado regresou a Roma, emprendendo negociacións coas cidades da Liga Lombarda. Despois da morte de Honorio III o 18 de marzo de 1227, creouse un triunvirato de cardeais elixidos para seleccionar o novo papa ao día seguinte. Como unha cuestión de cortesía ofrecéuselle a Conrado o papado, que rexeitou por temor a ser acusado de usar a súa influencia para satisfacer ambicións persoais.
Conrado morreu en Bari ese mesmo ano e foi enterrado, segundo os seus propios desexos, na abadía de Clairvaux.
Segundo os rexistros cistercienses, foi venerado como Beato e a súa memoria litúrxica estableceuse o 30 de setembro, pero hai poucas probas históricas da seu culto.
Notas
editar- ↑ Ott & Hebermann 1913.
- ↑ Neininger 1994, p. 74.
- ↑ Forey, A. J. (1989): "The Military Orders and Holy War against Christians in the Thirteenth Century" (PDF). En Academic University Press, ed. The English Historical Review. Consultado o 13 de outubro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conrado de Urach |
Bibliografía
editar- Buhlmann, Michael (2017): "Konrad von Urach". Biographia Cisterciensis.
- Ott, Michael & Hebermann, Charles (1913): "Conrad of Urach". En: Robert Appleton Company, ed. Catholic Encyclopedia. Nova York.
- Neininger, Falko (1994): "Konrad Von Urach (1227): Zahringer, Zizterzienser, Kardinallegat". Paderborn.
- Madey, Johannes & Bautz, Traugott (1992); "Konrad von Urach". En: Bautz. cols, ed. Biographisch-Bibliographisches Kirchenlexikon (BBKL) Herzberg 4: 440-441. ISBN 3-8830-9038-7.
- von Rietzer, Sigmund (1882): "Konrad von Urach". En: Duncker & Humblot, ed. Allgemeine Deutsche Biographie. Leipzig 16: 605-608.
- Rieckenberg, Hans Jürgen (1980): "Konrad (Kuno) von Urach". En; Duncker & Humblot, ed. Neue Deutsche Biographie. Berlín 12: 551.