Coordenadas: 31°42′11″N 35°11′44″L / 31.70306, -35.19556

Belén (en árabe, بيت لحم, Bayt aḥ m) é unha cidade palestina na rexión coñecida como Cisxordania, situada a un 9 km ao sur de Xerusalén e situada nos montes de Xudea. Desde decembro de 1995, atópase administrada pola Autoridade Palestina, que adoptou o nome de Estado de Palestina en 2013. A súa poboación era de 25 266 habitantes en 2007,[1] sendo a metade musulmáns e a outra metade cristiáns, na súa maioría ortodoxos.[2]

Belén
بيت لحم
בֵּית לֶחֶם Bēṯ Leḥem
Bethlehem Overlooking.jpg
Vista da cidade
Localización
Belén en Palestina
Belén
Belén
PaísFlag of Palestine.svg Palestina
GobernaciónBelén
Xeografía
Altitude765 msnm
Demografía
Poboación25.266 hab. (2007)
Densidadehab/km²
XentilicioBetlemita
Outros datos
AlcaldeVera Baboun
Páxina Oficial de Belén

A cidade ten gran significado relixioso para os cristiáns ao ser, de acordo coa Biblia, o lugar de nacemento de Xesús de Nazaret segundo os evanxeos de Lucas e Mateo. É tamén un importante lugar de peregrinación para os xudeus, que veneran a tumba de Raquel situada á entrada da cidade e para os que a cidade é lugar de nacemento e de coroación do rei David.

O goberno de Israel rodeou a cidade de murallas e pasos de control para evitar ataques terroristas,[3] impedindo o libre tránsito dos habitantes e limitando os intercambios comerciais. Isto provocou unha gran diminución do turismo, unha das principais fontes de ingreso da cidade.

PoboaciónEditar

A súa poboación era no ano 2014 de 27.000 persoas.

NotasEditar

  1. Palestinian Central Bureau of Statistics ( PBS). "Community profile - Bethlehem ( Beit Lahm)" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2013. 
  2. "Bethlehem city/Xeral information". Bethlehem Municipality. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2012. 
  3. "Saving Lives: Israel's anti-terrorist fence-Answers to Questions" (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar