Rabat
Coordenadas: 34°01′31″N 6°50′10″O / 34.025277777778, -6.8361111111111
Rabat (en árabe: الرباط, ar-ribâT) é a capital administrativa de Marrocos. Está situada no litoral Atlántico do país, sobre a beira esquerda da foz do río Bu Regreg, enfronte da cidade de Salé. Ten 1.5 millóns de habitantes, e cun total de 2.300.000 habitantes na aglomeración metropolitana.
Rabat | |
---|---|
الرباط ar-Ribaaṭ | |
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Rabat-Salé-Zemur-Zaer |
Xeografía | |
Altitude | 53 msnm |
Superficie | 118 km² |
Demografía | |
Poboación | 1.622.860 hab. (2004) |
Densidade | 13.753 hab/km² |
Outros datos | |
Alcalde | Fathallah Oualalou (2009) |
www.rabat.ma |
HistoriaEditar
Está documentado o poboamento do sitio que hoxe ocupa Rabat desde a Antigüidade. Propiamente falando a cidade foi fundada en 1150 polo sultán almohade Abd al-Mumin, que fixo edificar unha cidadela-forte (a futura Kasbah dos Udaïa), unha mesquita e unha residencia. É nesa altura que se a denomina un ribat, e dicir, unha fortaleza. O nome actual ven de Ribat Al Fath, « o campo da vitoria ». Foi o neto de al-Mūmin, Ya'qub al-Mansūr, quen engrandeceu e completou a cidade, especialmente dotándoa de murallas. Polo demais, a cidade era a base das expedicións almohades en Al-Andalus.
Entrou nun período de decadencia despois de 1253, cando os Benimerín escolleron Fez como capital. En 1609, logo do decreto de expulsión dos mouriscos emitido por Filipe III, milleiros de musulmáns atoparon refuxio nesta cidade.
En 1912, Lyautey fixo de Rabat a capital do protectorado francés de Marrocos e máis sede do Résident général. En 1956, cando da independencia marroquí, a cidade conservou a capitalidade.
Monumentos notábeisEditar
Rabat, capital moderna e cidade histórica | |
---|---|
Mausoleo de Mohammed V. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Marrocos |
Localización | 34°01′31″N 6°50′10″O / 34.02528, -6.83611 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 2012 (36ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Estados árabes |
Identificador | 1401 |
- A Kasbah dos Udaïa.
- A torre Hassan e as ruínas da mesquita edificada por Ya'qub al-Mansūr, destruída polo terremoto de 1755 (famoso pola destrución de Lisboa).
- A necrópole de Chella.
- O mausoleo de Mohammed V.
- O Museo dos Udaïa.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rabat |
Ligazóns externasEditar
- Rabat Touristic Portal
- Entry in LexicorientArquivado 06 de febreiro de 2005 en Wayback Machine.
- Rabat photo gallery
- "Rabat". Islamic Cultural Heritage Database. Istanbul: Organisation of Islamic Cooperation, Research Centre for Islamic History, Art and Culture. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2018.
- ArchNet.org. "Rabat". Cambridge, Massachusetts, USA: MIT School of Architecture and Planning. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2018.