Alexandre IV, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Alexandre IV, nado coma Rinaldo Conti en Anagni (Italia) cara a 1199 e finado en Viterbo o 25 de maio de 1261, foi o 181º Papa da Igrexa católica dende 1254 ata 1261, referido coma Signum ostiense nas profecías de San Malaquías.
Nome orixinal | (la) Alexander PP. IV |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XII Jenne, Italia (pt) |
Morte | 25 de maio de 1261 Viterbo, Italia |
181º Papa | |
19 de decembro de 1254 – 25 de maio de 1261 (Gregoriano) ← Inocencio IV – Urbano IV → | |
Decano do Colexio dos Cardeais | |
1244 (Gregoriano) – 19 de decembro de 1254 (Gregoriano) ← Jacques de Vitry – Eudes de Châteauroux (pt) → | |
Cardeal bispo de Ostia Diocese de Óstia (pt) | |
21 de outubro de 1232 – 19 de decembro de 1254 ← Gregorio IX – Hugo de Saint-Cher (pt) → | |
Cardeal diácono Santo Eustáquio (pt) | |
18 de setembro de 1227 – 21 de outubro de 1232 ← Aldobrandino Caetani (en) – Guy (en) → | |
Camerlengo da Câmara Apostólica (pt) | |
1227 (Gregoriano) – 1231 (Gregoriano) | |
Camarlengo do Colexio Cardenalicio | |
1227 (Gregoriano) – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1235 (Gregoriano)–), sacerdote católico |
Familia | |
Pai | Mattia Conti, Conte di Segni |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarFoi sobriño por parte de nai do papa Gregorio IX, e tamén familiar do papa Inocencio III. O seu tío Gregorio IX faino cardeal en 1227, despois cardeal-bispo de Ostia en 1231. Á morte de Inocencio IV, elixírono papa en Nápoles o 12 de decembro de 1254.
O seu pontificado é marcado polos esforzos de unificación entre as igrexas ortodoxa e católica, a protección das universidades, os favores concedidos as ordes mendicantes e aos seus intentos de organizar cruzadas contra os Tártaros. Cando as autoridades académicas e relixiosas tentaron excluír a franciscanos e dominicos do ensino universitario, Alexandre IV mediou no conflito propiciando o doutoramento de Boaventura de Bagnoregio e de Tomé de Aquino que terán unha grande influencia na filosofía medieval.
En 1255 aprobou a creación da Universidade de Salamanca por Afonso X, concedeulle selo propio e a licenza ubique docendi.
En 1256 promulgou a bula Liceo Ecclesiae Catholicae, pola que organizou os diversos grupos de ermitáns de inspiración agustiniana, nunha soa e única Orde.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |