Xoán V, papa

Xoán V, nado en Antioquía e finado en Roma o 2 de agosto de 686, foi o Papa nº 82 da Igrexa católica de 685 a 686.

Xoán V, papa
Ioannes V.png
Nacemento635
Lugar de nacementoAntioquía do Orontes
Falecemento2 de agosto de 686
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónclérigo e sacerdote católico
Na rede
WikiTree: Antioch-8
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Como cardeal diácono participou no Sexto Concilio Ecuménico celebrado en Constantinopla, como representante de Agatón.

Ao renunciar o emperador Constantino IV ao seu dereito a confirmar ao papa elixido polo colexio cardinalicio, cedendo ese dereito ao exarca de Rávena, Xoán foi consagrado o mesmo día da súa elección, o 23 de xullo de 685, a diferenza dos seus inmediatos antecesores que tiveron que esperar o permiso imperial.

Durante o seu pontificado, moi breve, estableceu que o nomeamento dos bispos das dioceses de Sardeña e de Córsega correspondía á Santa Sé e non ao arcebispo de Cagliari.

Predecesor:
Bieito II
Papa
685 – 686
Sucesor:
Conon

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.