Antioquía do Orontes

Antioquía do Orontes (en grego: Ἀντιόχεια ἡ ἐπὶ Ὀρόντου; Antiókheia hē epì Oróntou), tamén coñecida como Antioquía de Siria,[Nota 1] foi unha antiga cidade helenística[1] situada entre a costa sur de Anatolia e a costa de Siria,[2][3] á beira do río Orontes. As súas ruínas atópanse preto da actual cidade de Antioquía (en turco: Antakya)[4] á que a antiga cidade dá o seu nome, e é a capital da provincia de Hatay en Turquía.

Antioquía foi fundada a finais do século IV a. C., no 301 a. C.,[5] por Seleuco I Nicátor, un dos xenerais de Alexandre Magno. A situación xeográfica, militar e económica da cidade beneficiou aos seus ocupantes, especialmente características como o comercio de especias, a Ruta da Seda e a Ruta Real. Durante o período helenístico tardío e o período romano temperán, a poboación de Antioquía acadou o seu pico de máis de 500.000 habitantes (as estimacións xeralmente son de 200.000 a 250.000) e foi a terceira cidade máis grande do Imperio despois de Roma e Alexandría. A cidade foi a capital do Imperio seléucida ata o ano 63 a. C., cando os romanos tomaron o control, converténdoa na sede do gobernador da provincia de Siria. Desde principios do século IV, a cidade foi a sede do Conde de Oriente, xefe da administración rexional de dezaseis provincias. Tamén foi o principal centro do xudaísmo helenístico ao final do período do Segundo Templo. Antioquía foi unha das cidades máis importantes da metade mediterránea oriental do Imperio Romano. Cubriu case 4,5 km2 dentro das murallas das cales unha cuarta parte era montaña, deixando 3,0 km2 aproximadamente a quinta parte da área de Roma dentro das Murallas Aurelianas.

Antioquía foi chamada "o berce do cristianismo" como resultado da súa lonxevidade e do papel fundamental que xogou na aparición tanto do xudaísmo helenístico como do cristianismo primitivo. O Novo Testamento cristián afirma que o nome "cristián" xurdiu por primeira vez en Antioquía. Foi unha das catro cidades da Tetrápole siria. A cidade puido ter ata 250.000 persoas durante a época de Augusto, pero caeu a unha relativa insignificancia durante a Idade Media por mor das guerras, os repetidos terremotos e un cambio nas rutas comerciais, que xa non pasaban por Antioquía dende o extremo oriente tralas invasións e conquistas polos mongois.

A cidade aínda dá o seu nome ao Patriarcado Grego Ortodoxo de Antioquía, unha das igrexas máis importantes do Levante e do Mediterráneo oriental.

XeografíaEditar

Dúas rutas do mar Mediterráneo, que atravesan o desfiladeiro do río Orontes e o paso de Belén, conflúen na chaira do lago de Antioquía, agora chamado lago Amik, onde se atopan:

HistoriaEditar

PrehistoriaEditar

Con anterioridade a Antioquía, existiu un asentamento chamado Meroe. Aquí estaba un santuario da deusa semítica Anat, chamada por Heródoto a "Artemisa persa". Este sitio foi incluído nos suburbios do leste de Antioquía. Tamén houbo unha aldea no cume do monte Silpio chamada Io ou Iópolis. Este nome foi aducido como proba por algúns dos seus habitantes (por exemplo Libanio) ansiosos por xustificar un pasado próximo aos xonios da Ática e esas arelas maniféstanse nos tipos atenienses que se usaron nas moedas da cidade. Ío, quizais, puido ser unha pequena colonia temperá de comerciantes gregos. A maiores, Xoán Malalas tamén mencionou unha aldea arcaica, Bottia, na chaira do río.[6]

Fundación por Seleúco IEditar

Algúns autores como Libanio, un retórico do século IV nado en Antioquía,[7] afirman que Alexandre Magno acampara en Antioquía e lle adicara un altar a Zeus Boteo que se atopaba no noroeste da futura cidade,[6] mais é posíbel que non fose máis que unha lenda destinada a destaca-lo pasado histórico de Antioquía. Despois da morte de Alexandre no 323 a. C., os seus xenerais, os diádocos, dividiron o territorio que conquistara. Despois da batalla de Ipsos no 301 a. C., Seleuco I Nicátor gañou o territorio de Siria, e procedeu a fundar catro "cidades irmás" no noroeste de Siria: denominadas como tetrápole siria. Unha delas era Antioquía, unha cidade chamada en honor do seu pai Antíoco[8] aínda que, segundo a Suda, tamén podería levar o nome do seu fillo Antíoco.[9] Ten sona de construír dezaseis Antioquías.

Seleuco fundou Antioquía nun lugar elixido por medios rituais. Unha aguia, o paxaro de Zeus, recibira un anaco de carne de sacrificio e a cidade foi fundada no lugar onde a aguia levou a ofrenda. Seleuco fíxoo o día 22 do mes de Artemísios no duodécimo ano do seu reinado, equivalente a maio do 300 a. C.[10] Despois de Antioquía, ergueuse Seleucia Pieria que era o seu porto natural, e pasou a se converter na capital siria.

Período helenísticoEditar

 
Mosaico representado a Dioniso (Museo Arqueolóxico de Antakya).

A cidade orixinal creada por Seleuco foi trazada polo arquitecto Xenarius, imitando o plano de cuadrícula de Alexandría. Libanio describe o primeiro edificio e ordenación desta cidade (i. p. 300. 17). A cidadela estaba no monte Silpio e a cidade, que se atopaba no terreo baixo, foi medrando cara o norte bordeando o río. No centro cruzaban dúas grandes rúas con columnas. Pouco despois trazouse un segundo cuartel, probablemente no leste e por Antíoco I Sóter, que, por unha expresión de Estrabón, parece ser a cidade nativa, en contraste coa grega. Estaba pechada por un muro propio.

No Orontes, ao norte da cidade, había unha gran illa e nela, Seleuco II Calinico, comezou unha terceira "cidade" amurallada, que foi rematada por Antíoco III o Grande. Antíoco IV Epífanes (175164 a.C.) engadiu unha cuarta área e, xa dende entón, Antioquía foi coñecida como Tetrápole. De oeste a leste o conxunto tiña uns 6 quilómetros de diámetro e un pouco menos de norte a sur. Esta área incluía moitos e grandes xardíns.[6]

A nova cidade estaba poboada por unha mestura de colonos locais, atenienses traídos da cidade próxima de Antigonia, macedonios e xudeus (aos que se lles deu o status completo dende o principio). Segundo a tradición antiga, Antioquía foi colonizada por 5.500 atenienses e macedonios, xunto cun número descoñecido de sirios nativos. Este número probablemente refírese a cidadáns adultos libres, polo que o número total de colonos gregos libres, incluíndo mulleres e nenos, probablemente estivese entre 17.000 e 25.000.[11]

Uns 6 quilómetros ao oeste e máis aló do suburbio de Heraclea estaba o paraíso de Dafne, un parque de bosques e augas, no medio do cal se erguía un gran templo ao Apolo Pítico, tamén fundado por Seleuco I e enriquecido cunha estatua do deus realizada por Briaxis. Tamén tivo, nas proximidades deste, un santuario de Hécate construído no subsolo por Diocleciano. A beleza e a moral laxa de Dafne celebrábanse entodo o mundo antigo e, de feito, Antioquía no seu conxunto tiña sona de compartir estas dúas características.[12]

Antioquía converteuse na capital e cidade-corte do Imperio Seléucida occidental baixo Antíoco I, sendo a súa contraparte no leste Seleucia; pero a súa importancia primordial data da batalla de Ancira (240 a. C.), que cambiou o centro de gravidade seléucida de Anatolia, e levou indirectamente ao ascenso de Pérgamo.[15]

Os seléucidas reinaron dende Antioquía. Coñecese moi pouco sobre a época helenística nin sobre o resto de Siria, pois toda a información que se posúe procede de autores da época tardorromana. Entre os seus grandes edificios gregos só hai noticias dun teatro, do que aínda quedan subestructuras no flanco de Silpio, e do palacio real, probablemente situado na illa. Gozaba da fama de ser "unha cidade populosa, chea dos homes máis eruditos e rica nos estudos máis liberais",[13] pero os únicos nomes de distinción nestas actividades durante o período seléucida que chegaron ata nós son Apolofanes, o estoico, e un tal Febo, escritor sobre soños. Os alcumes que puxeron aos seus posteriores reis eran arameos; e, agás Apolo e Dafne, as grandes divindades do norte de Siria parecen permanecer esencialmente nativas, como a "Artemisa persa" de Meroe e Atargatis de Hierápolis Bambice.[14]

O epíteto "Dourada" que se lle atribuíu, en ocasións, suxire que o aspecto exterior de Antioquía era impresionante, mais a cidade precisou dunha constante restauración debido ás perturbacións sísmicas ás que sempre estivo sometida a zona. O primeiro gran terremoto da historia foi relatado polo cronista nativo da cidade, Xoán Malalas, sucedeu no 148 a. C. e causou un dano inmenso.[14][15]

A política local foi convulsa. Nas moitas disensións da casa seléucida a poboación tomou partido e levantouse con frecuencia en rebeldía, por exemplo contra Alexandre Balas no 147 a. C. e Demetrio II Nicátor no 129 a. C. Este último, alistou un corpo de xudeus e castigou a súa capital con lume e espada. Nas últimas loitas da casa seléucida, Antioquía volveuse contra os seus débiles gobernantes e invitou a Tigranes o Grande a ocupar a cidade no 83 a. C., tamén intentou derrocar a Antíoco XIII Asiático no 65 a. C. e, finalmente, no ano seguinte, solicitou a Roma contra a restauración dos seleúcidas. O desexo de Antioquía prevaleceu, e pasou con Siria á República Romana no 64 a. C., pero seguiu a ser unha civitas libera.[14]

Período romanoEditar

 
Antiga calzada romana que comunicaba Antioquía e Calcios ad Belum.

Xulio César visitouna no 47 a. C., e confirmou a súa liberdade. Posteriormente, probablemente por insistencia de Octavio, cuxa causa a cidade defendera, ergueuse un gran templo de Xúpiter Capitolino sobre o Silpio. Estrabón, escribindo sobre o reinado de Augusto e os primeiros anos de Tiberio, afirmou que Antioquía non era moito menor que Seleucia e Alexandría; igualmente, Diodoro Sículo afirmou que Alexandría a mediados do século I a. C. tiña uns 300.000 habitantes libres, o que significaría que Antioquía tiña tamén este tamaño na época de Estrabón.[11]

A seguir, os emperadores romanos favoreceron a cidade dende os primeiros momentos pois a viron como unha capital máis axeitada para a parte oriental do imperio que Alexandría, pola posición illada de Exipto e mesmo tentaron, até certo punto, facer dela unha Roma oriental creando un foro de tipo romano e Tiberio construíu dúas longas columnatas no sur cara a Silpio.[14] Agripa e Tiberio ampliaron o teatro e Traxano rematou o seu traballo. Antonino Pío pavimentou a gran arteria de leste a oeste con granito. Construíronse un circo, outras columnatas e un gran número de baños, e novos acuedutos para abastecerlos levaban os nomes de Césares, sendo o mellor obra de Hadriano. O cliente romano, o rei Herodes (probablemente o gran construtor Herodes o Grande), erixiu unha longa stoá no leste, e Agripa (c. 63–12 a. C.) animou o crecemento dun novo suburbio.[14]

Circo de AntioquíaEditar

Un dos edificios máis famosos de Antioquía, feita polos romanos probablemente baixo Augusto cando a cidade tiña máis de medio millón de habitantes, foi o Circo de Antioquía, un hipódromo romano. Segundo parece, xa existía algo semellante dende a época helenística, pero a primeira estrutura, como tal, fixa e permanente. segundo Xoán Malalas, aparece polo 67 a. C., cando o procónsul de Cilicia, Quinto Marcio Rex, o constrúe con fondos propios. É o denominado "hipódromo vello".[16]

Nel, realizábanse carreiras de carros e foi deseñado a partir do Circo Máximo de Roma e doutros edificios de circo de todo o imperio; tiña máis de 490 metros de lonxitude e 30 metros de largo, e podía albergar até 80.000 espectadores.[17] O circo foi descuberto a partir das escavacións realizadas pola Universidade de Princeton entre 1932 e 1935.[4]

Etapa imperialEditar

Estrabón escribiu que Zarmanochegas (Dión Casio, denomínao Zarmarus),[18] un monxe da tradición śramaṇa da India, coñeceu a Nicolás de Damasco en Antioquía ao redor do ano 13 como parte dunha misión perante Augusto.[19] En Antioquía, Xermánico morreu no ano 19 e o seu corpo foi queimado no foro.[14] Un terremoto que sacudiu Antioquía no ano 37 fixo que o emperador Calígula enviase dous senadores para informar sobre o estado da cidade. Outro terremoto seguiu no seguinte reinado.[14] Tito puxo os Querubíns, capturados do Segundo Templo xudeu, sobre unha das portas.

No ano 115, durante a viaxe de Traxano alí durante a súa guerra contra Partia, todo o lugar foi sufriu un gran terremoto. A paisaxe cambiou, e o propio emperador viuse obrigado a refuxiarse no circo durante varios días. El mailo seu sucesor restauraron a cidade, pero a poboación reduciuse a menos de 400.000 habitantes e moitos sectores da cidade foron abandonados. Cómodo (reinado do 177–192) celebrou xogos olímpicos en Antioquía.[14] No 256, a cidade foi invadida de súpeto polos persas baixo Shapur I, e moitas das persoas foron asasinadas no teatro[14] mais foi reconquistada polo emperador romano Valeriano ao ano seguinte.

Etapa de Xuliano e ValenteEditar

 
Retrato do emperador Xuliano nunha moeda de Antioquía de bronce (360-363).

Cando o emperador Xuliano visitou en 362 un desvío a Persia, tiña grandes esperanzas en Antioquía, considerándoa como unha posible rival da capital imperial de Constantinopla. Antioquía tiña unha poboación mixta de pagáns e cristiáns, e que Amiano Marcelino comentou que convivían de forma bastante harmoniosa.

Non obstante, a visita de Xuliano comezou de forma ominosa xa que coincidiu cun lamento por Adonis, o condenado amante de Afrodita. O mesmo Amiano escribiu que o emperador e os seus soldados entraron na cidade, mais non entre vítores como esperaban senón entre lamentos e berros. Despois de ser informado de que os ósos do bispo mártir do século III, Babil, estaban dificultando o oráculo de Apolo en Dafne,[20] cometeu un erro de relacións públicas ao ordenar a retirada dos ósos das proximidades do templo.[21] O resultado foi unha masiva procesión cristiá. Pouco despois, cando o templo foi destruído polo lume, Xuliano sospeitou dos cristiáns e ordenou investigacións máis estritas do habitual.[22] Tamén pechou a principal igrexa cristiá da cidade, antes de que as investigacións probasen que o lume fora o resultado dun accidente.[23]

Xuliano tamén atopou máis motivos de queixas sobre os antioquenos, pois pretendía que as cidades do imperio fosen se autoxestionases, como o facían uns 200 anos antes, con Nerva e os seus sucesores. Porén, os concelleiros de Antioquía non se mostraron dispostos a suplir a escaseza de alimentos de Antioquía cos seus propios recursos pois eran moi dependentes do emperador. Amiano escribiu que os concelleiros eludiron as súas funcións subornando a homes no mercado para que fixesen o traballo por eles. Igualmente, a impiedade da cidade coa antiga relixión foi clara para Xuliano cando asistiu á festa anual de Apolo da cidade. Para a súa sorpresa e consternación, o único antioqueno presente era un vello cura que agarraba un ganso.

Amiano tamén relata que os antioquenos, á súa vez, odiaban a Xuliano por empeorar a escaseza de alimentos ao cargar co mantemento dos seus soldados. Os soldados adoitaban atoparse atiborrados de carne de sacrificio, provocando molestias cando vagaban cheos de alcol polas rúas mentres os famentos cidadáns de Antioquía os contemplaban on noxo. Os antioquenos cristiáns e os soldados galos pagáns de Xuliano tampouco se viron nunca ollo a ollo.

A piedade de Xulián era desagradable para os antioquenos, mesmo para aqueles que mantiñan a antiga relixión. O tipo de paganismo de Xuliano era moi exclusivo de si mesmo, con pouco apoio fóra dos círculos neoplatónicos máis educados. O entusiasmo de Xuliano polo sacrificio ritual de animais a gran escala desagradaba aos famentos antioquenos polo que foi alcumado como "carniceiro", segundo conta Amiano. Os métodos severos e arrogantes do emperador maila súa ríxida administración motivaron se burlasen, entre outras cousas, da barba puntiaguda de Xuliano.[24]

No entanto, a situación mudou co sucesor de Xuliano, Valente, que dotou a Antioquía dun novo foro, incluíndo unha estatua de Valentiniano nunha columna, e reabriu a gran igrexa de Constantino que permaneceu ata o saqueo persa en 538 por Cosroes.[14]

Período cristiánEditar

Antioquía foi un centro principal do cristianismo primitivo durante a época romana.[25] A cidade tiña unha gran cantidade de poboación de orixe xudía nun barrio chamado Kerateion, polo que atraeu aos primeiros misioneiros.[26] Así, foi evanxelizada, entre outros, polo propio Pedro, segundo a tradición sobre a que o Patriarca de Antioquía aínda apoia a súa pretensión de primacía e, certamente, máis tarde por Bernabeu e Paulo,[27] e alí foi onde os seus crentes foron chamados "cristiáns" por primeira vez. Porén, a cidade, non debe confundirse coa Antioquía de Pisidia, á que máis tarde viaxaron Bernabeu e Paulo.[28]

Nos arredores da cidade, abondaban unha morea de mosteiros gregos, sirios, armenios e latinos.[29] Entre o 252 e o 300, celebráronse dez asembleas da igrexa en Antioquía e converteuse na sede dun dos cinco patriarcados orixinais,[30] xunto con Constantinopla, Xerusalén, Alexandría e Roma.

Xoán Crisóstomo escribiu que cando Ignacio de Antioquía era bispo na cidade, o dêmos, probablemente significando o número de homes e mulleres adultos libres sen contar nenos e escravos, ascendía a 200.000.[31] Nunha carta escrita en 363, Libanio di que a cidade contén 150.000 anthrôpoi, unha palabra que normalmente significaría todos os seres humanos de calquera idade, sexo ou status social, o que parece indicar un descenso da poboación desde o século I.[13][13] 32] Crisóstomo tamén di nunha das súas homilías sobre o Evanxeo de Mateo, que foron pronunciadas entre os anos 386 e 393, que no seu tempo había 100.000 cristiáns en Antioquía, unha cifra que pode referirse aos cristiáns ortodoxos que pertencían á Gran Igrexa. a membros doutros grupos como arrianos e apolinarios, ou a todos os cristiáns de calquera persuasión.

 
O Cáliz de Antioquía (primeira metade do século VI). Museo Metropolitano de Arte.

O patriarca da Igrexa Católica Maronita chámase Patriarca de Antioquía e de todo Oriente. Actualmente reside en Bkerke - Líbano. Os maronitas continúan a tradición litúrxica antioquena e o uso da lingua sirio-arameo (siro-arameo ou arameo occidental) nas súas liturxias.[33] Unha das igrexas ortodoxas orientais canónicas aínda se chama Igrexa ortodoxa grega de Antioquía, aínda que trasladou a súa sede de Antioquía a Damasco, en Siria, hai varios séculos (ver lista de Patriarcas de Antioquía), e o seu bispo principal conserva o título de "Patriarca de Antioquía", algo análogo á forma en que varios Papas encabezan a Igrexa Católica Romana permaneceu "bispo de Roma" aínda que residía en Aviñón, na actual Francia, no século XIV.

O Patriarcado Ortodoxo Siríaco de Antioquía e de Todo Oriente, é unha Igrexa Ortodoxa Oriental con patriarcado autocéfalo fundada por San Pedro e San Paulo no século I, segundo a súa tradición. A Igrexa Ortodoxa Siríaca forma parte da Ortodoxia Oriental, unha comunidade distinta de igrexas que afirman continuar coa cristoloxía patrística e apostólica antes do cisma posterior ao Concilio de Calcedonia en 451.

NotasEditar

  1. En grego antigo: Ἀντιόχεια ἡ ἐπὶ Ὀρόντου; ou Ἀντιόχεια ἡ ἐπὶ Δάφνῃ "Antioch de Dafne"; ou Ἀντιόχεια ἡ Μεγάλη "Antioquía a Grande; en latín: Antiochia ad Orontem; en armenio: Անտիոք Antiokʽ; en siríaco: ܐܢܛܝܘܟܝܐ Anṭiokya; en hebreo: אנטיוכיה, Anṭiyokhya; en árabe: أنطاكية, Anṭākiya; en persa: انطاکیه; en turco: Antakya.
Referencias
  1. Sack & Oswyn (2005), p. 32.
  2. Redacción (13 de novembro 2019). "Antioch". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  3. Dix (2015), p. 174 (...por suposto, Antioquía e as grandes cidades costeiras foron bastións do helenismo, xa que o interior era de tradición autóctona. Pero había barrios puramente orientais na propia Antioquía e distritos enteiros de fala aramea nos seus arredores).
  4. 4,0 4,1 Humphrey 1986, p. 444
  5. Levi 1989, p. 171
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Rockwell 1911, p. 130
  7. Libanio (2000), p. 23
  8. Chaignot, Mary Jane (2021). "Syrian Antioch and Pisidian Antioch". biblewise.com (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  9. ""s.v. Ἀντιόχεια"". Suda On Line (en inglés). 20 de outubro de 2000. Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  10. "Johannes Malalas, Libro VIII, pp. 198-202". attalus.org (en inglés). 29 de febreiro de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  11. 11,0 11,1 Downey 1958
  12. Rockwell 1911, pp. 130–131
  13. Cicerón. "M. TVLLI CICERONIS PRO A. LICINIO ARCHIA POETA ORATIO, 4". thelatinlibrary.com (en latín). Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 14,7 14,8 14,9 Rockwell 1911, p. 131
  15. "Johannes Malalas, Libro VIII, pp. 207-208". attalus.org (en inglés). 29 de febreiro de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  16. Humphrey 1986, p. 457
  17. Humphrey 1986, p. 446
  18. "CASSIUS DIO. ROMAN HISTORY. Libro LIV, 9, 10". enelope.uchicago.edu (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  19. "Strabo, Geography, 15.1.73". perseus.tufts.edu (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  20. "NPNF1-09. St. Chrysostom: On the Priesthood; Ascetic Treatises; Select Homilies and Letters; Homilies on the Statutes". ccel.org (en inglés). 6 de xullo de 2008. Archived from the original on 06 de xullo de 2008. Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  21. Amiano Marcelino, Res Gestae, 22.12.8
  22. Amiano Marcelino Res Gestae, 22.13.2
  23. Sócrates de Constantinopla, Historia ecclesiastica, 3.18
  24. Amiano, XXII, 14: "Ridebatur enim ut Cercops...barbam prae se ferens hircinam"
  25. Edwards 2017, pp. 73-74
  26. "Hechos de los Apóstoles 19, 11". sanpablo.es (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2022. 
  27. "Hechos de los Apóstoles 11, 24-26". sanpablo.es (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2022. 
  28. "Hechos de los Apóstoles 13, 13-50". sanpablo.es (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2022. 
  29. Paterson 2011, p. 281
  30. Rockwell 1911, p. 131
  31. Downey (1958), pp. 84-91

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Dix, Dom Gregory (2015). The Shape of the Liturgy, New Edition (ebook) (en inglés). Londres: Bloomsbury. ISBN 9780567663290. 
  • Downey, G. (1958). "The Size of the Population of Antioch". Transactions and Proceedings of the American Philological Association (en inglés) (The Johns Hopkins University Press) 89: 84–91. ISSN 0065-9711. JSTOR 283667. doi:10.2307/283667. 
  • Edwards, Robert W. (2017). "Antioch (Seleukia Pieria". En Finney, Paul Corby. The Eerdmans Encyclopedia of Early Christian Art and Archaeology, Vol. 1 (A-J) (en inglés). Grand Rapids, Michigan: William B. Eerdmans Publishing. pp. 73–74. ISBN 978-0-8028-9016-0. 
  • Humphrey, John H. (1986). Roman Circuses: Arenas for Chariot Racing (en inglés). Berkeley/Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 978-0520049215. 
  • Jones, pp. 1040 and 1409 ISBN, A.H.M. (1984). The Later Roman Empire, Vol. II. ISBN 0-8018-3354-X. 
  • Levi, Mario Attilio (1989). La città antica. Colección: Problemi e richerce di storia antica, nº 12 (en italiano). Roma: L'Erma di Bretschneider. ISBN 88-7062-649-0. 
  • Libanio (2000). Norman, A. F. (tradución e notas), ed. Antioch as a Centre of Hellenic Culture as Observed by Libanius (en inglés). Liverpool: Liverpool University Press. ISBN 978-0-85323-595-8. 
  • Rockwell, William Walker (1911). "Antioch". En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica (en inglés) (11 ed.). Cambridge: Cambridge University Press. pp. 130-132. 
  • Sacks, ; (). (ed.). . p. 32. ISBN ., David; Oswyn, Murray (2005). Brody, Lisa R., ed. Encyclopedia of the Ancient Greek World (Facts on File Library of World History) (en inglés). Nova York: Facts on File Inc. ISBN 978-0816057221. 
  • Patterson, Nancy (2012). "The Posthumous Miracles of St. Eustratios On a Sinai Templo Beam". En Sullivan, Denis; Fisher, Elizabeth A.; Papaioannou, Stratis. Byzantine Religious Culture: Studies in Honor of Alice-Mary Talbot. Colección: The Medieval Mediterranean, vol. 92 (en inglés). Leiden: Brill. pp. 267–288. ISBN 9789004212442. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar