San León II nado en Sicilia probablemente na cidade de Messina en data descoñecida e finado en Roma o 3 de xullo 683 foi o papa n.º 80 da Igrexa católica de 682 a 683.

Modelo:BiografíaLeón II, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento611 Editar o valor en Wikidata
Sicilia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xullo de 683 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
80º Papa
20 de agosto de 682 – 28 de xuño de 683 (Gregoriano)
← AgatónBieito II → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAndrea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa3 de xullo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Leo II., St.
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Maneius-1

Biografía

editar

Siciliano de nacemento era fillo dun home chamado Paulo e segundo as fontes fillo de médico [1] Estudou na Schola cantorum de Roma. Leo era coñecido como un predicador elocuente, versado nas Santas Escrituras, amante da música, tan piadoso como sabio, caritativo coidando en particular dos pobres, dos orfos e das viúvas, sendo cóengo regular.[2],[1].

Aínda que elixido papa uns cantos días despois da morte de Agatón, tivo que esperar a súa consagración ata máis dun ano despois a consagración da súa elección do emperador bizantino Constantino IV. León II foi encargado de pechar o Terceiro Concilio de Constantinopla iniciado polo seu predecesor. Neste concilio ecuménico condenábase o monotelismo. Constantino IV esixía a excomuñón do papa Honorio I considerado como partidario do monotelismo, para aceptar a consagración de León II.

León II foi canonizado santo da Igrexa católica. O corpo descansa na basílica de San Pedro. Os martiroloxios de Beda o Venerábel e de Adón xa testifican o seu culto.

Pontificado

editar

Elixido papa, sen dúbida no mes de xaneiro, probablemente o 10 de xaneiro 681. Non obstante, a súa consagración producese ata máis dun ano despois, o 17 de agosto 682 [2].

Os tratos proseguen ata o ano 683. Constantino obtén a condena de Honorio I e en cambio, concede a Léon II, entre outras cousas:

  • o recoñecemento da elección pontifical;
  • a presenza dun nuncio apostólico permanente do papa en Constantinopla;
  • a transferencia a Roma dos monotelistas condenados polo concilio, para xulgalos alí polo papado;
  • o recoñecemento da supremacía do papa sobre o exarca de Rávena;
  • a diminución dos pagamentos de Sicilia e de Calabria ao tesouro imperial.

Durante o seu pontificado puxo fin ao conflito que enfrontaba ao papado co bispado de Rávena, o cal non recoñecía a supremacía papal sobre a base dun decreto ditado polo emperador bizantino Constantino II que establecía que os bispos da devandita cidade non necesitaban ser consagrados polo papa.

En resposta posible a ataques dos Longobardos, León II transfiriu as reliquias dunha cantidade de mártires das catacumbas dentro dos muros da cidade [3].

  1. 1,0 1,1 (en francés) Páxina sobre León II (Saints.SQPN.com) Arquivado 25 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 (en inglés) Páxina sobre León II (Saints.SQPN.com)
  3. (en inglés) Páxina sobre León II Arquivado 06 de febreiro de 2006 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.