Antonio Michele Ghislieri, nado en Bosco Marengo (Alessandria) o 17 de xaneiro de 1504 e finado en Roma o 1 de maio de 1572, foi o 225° Papa da Igrexa católica desde 1566 até a súa morte, co nome de Pio V. Foi canonizado por Clemente XI no 24 de maio de 1712.

Modelo:BiografíaPío V, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Pius PP. V Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Antonio Ghislieri Editar o valor en Wikidata
17 de xaneiro de 1504 Editar o valor en Wikidata
Bosco Marengo (Ducado de Milán) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1572 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de próstata Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturabasílica de Santa María a Maior
Tomb of Pius V (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
225º Papa
17 de xaneiro de 1566 – 1 de maio de 1572
← Pío IVGregorio XIII →
Bishop of Mondovì (en) Traducir
27 de marzo de 1560 –
← Bartolomeo Pipero (en) TraducirVincenzo Lauro (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Mondovì (pt) Traducir
Bispo diocesano
4 de setembro de 1556 –
← Antonio Simeoni (en) TraducirGirolamo Gallarati (en) Traducir →
Diocese: Diocese of Nepi-Sutri (en) Traducir
Cardeal presbítero Santa Maria sobre Minerva (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1556–), sacerdote católico (1528 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XVI Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña
Universidade de Pavia Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónGiovanni Michele Saraceni (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa30 de abril Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de decembro de 1565conclave de 1565-1566
5 de setembro de 1559conclave de 1559 Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 69778 BNE: XX4579233 WikiTree: Ghislieri-1 Find a Grave: 8807904 Editar o valor en Wikidata

Traxecotria

editar

Naceu en Bosco (hoxe Bosco Marengo), naquela altura dentro do ducado de Milán, na nobre mais decadente familia Ghislieri. Con catorce anos de idade ingresou na orde dominicana, pasando do convento de Voghera ao de Vigevano e, logo, ao de Boloña. Durante os anos de preparación sacerdotal, adquiriu unha sólida formación teolóxica, facilitada por unha intelixencia vívida, manifestou tamén a austeridade de vida que tanto lle sería estimada en anos sucesivos. Ordenado sacerdote en Xénova no 1528, estabeleceuse en Pavia. Moi logo dou probas das opinións que acharían realización práctica durante o seu futuro pontificado, sostendo en Parma trinta proposicións en apoio da cadeira pontificia contra as herexías. Como reitor de varios conventos dominicos. Ghislieri caracterizouse por unha ríxida disciplina. Pouco tempo despois, e polo seu expreso desexo, recibiu o nomeamento de inquisidor da cidade de Como. Volto a Roma en 1550, onde proseguiu a actividade de inquisidor, foi elixido comisario xeral da Inquisición romana. So o papa Paulo IV, Papa foi feito bispo da Sutri e Nepi (1556), cardeal co título de Alexandrino (1556), grande inquisidor (1558). Xa no papado de Pío IV accedeu á cadeira episcopal da Mondovì (1560).

Pontificado

editar

Á morte de Pío IV, o 7 de xaneiro de 1566, foi, inesperadamente, elixido papa, mercé un acordo entre os cardeais Borromeo e Farnese. Foi consagrado na data do seu aniversario, dez días logo. A súa elección fixo tremer a curia romana, pois fronte a suntosa corte papal, Pío V era de carácter rexo e transformou a gozosa Roma nunha especie de convento de clausura.

Coidaba que a fornicación era o peor dos pecados, de xeito que os fornicadores eran castigados con latigazos públicos. Estaba decidido a restaurar a disciplina e a moralidade en Roma. Prohibiu aos civís que tivesen serventas e ás monxas di posuír cans machos, para evitar nos conventos o uso de sexo con animais. Reduciu o custo da corte papal, impuxo a obriga de residencia dos bispos e asentou a importancia do cerimonial. Prohibiu a celebración do entroido. Procurou, entanto, a publicación do catecismo romano, do breviario romano reformado e máis do misal romano. Reforzou os instrumentos da Contrarreforma católica para combater a herexía e o protestantismo e deu novo impulso á actuación persecutoria da Inquisición Romana (condenas a morte por herexía de Pietro Carnesecchi e Aonio Paleario).

Foi un ríxido opositor do nepotismo. Á numerosa parentela súa que acudiu a Roma, coa esperanza de obter algún privilexio, Pio V díxolle que un parente do papa pode considerarse rico de abondo se non coñece a indixencia. Como os cardeais coidaban oportuna a presenza dun nipote do papa no Colexio dos Príncipe da Igrexa, Pío V deixouse inducir para outorgarlle a púrpura a Michele Bonelli, nipote dunha súa irmá, e dominico como el mesmo, para que o axudase a levar os asuntos pontificios.

No 1566 promoveu a construción do convento dominico de "S. Croce e Ognissanti" en Bosco Marengo, coa intención de que se constituíse no centro dunha cidade de nova fundación, e tamén no seu sepulcro.

En 1567 fundou en Pavia unha prestixiosa institución para estudantes meritorios, o colexio Ghislieri, que aínda hoxe, por medio de concurso público, acolle algúns dos mellores estudantes da Universidade de Pavia.

Entre as súas bulas papais, In Coena Domini (1568) ocupa un lugar de honra; entre as restantes, as que máis contribúen a definir a actuación do seu son: o decreto da questua (febreiro de 1567 e xaneiro de 1570); a condena de Michel de Bay, profesor, tido como herético, de Lovaina (1567); a denuncia do dirum nefas (agosto 1568). Perseguiu os hebreos, debéndoselle a súa expulsión dos dominios eclesiásticos salvo de Roma e de Ancona (1569). Confirmou os privilexios da Sociedade dos Cruzados pola protección da Inquisición (outubro de 1570); o decreto de discusión sobre o milagre da Inmaculada Concepción (novembro de 1570); a supresión dos Frades Humillados acusados de depravación (febreiro de 1571); a aprobación do novo oficio litúrxico da Virxe María (marzo de 1571).

A súa dura política inquisitorial valeulle protestas expostas en pasquíns, por algunha das cales foi condenado Niccolò Franco; mentres o poeta Aonio Paleario foi condenado por escribir os seguintes versos contra o papa:

« Quasi che fosse inverno,
brucia cristiani Pio siccome legna
per avvezzarsi al fuoco dell'inferno»

(Tal que fose inverno / queima cristiáns Pío cal leña / para se avezar ao lume do inferno)

Política internacional

editar

Na política exterior Pio V adoitou unha liña de defensa dos dereitos xurisdicionais dea Igrexa, entrando en conflito con Filipe II de España. Durante as guerras relixiosas en Francia, apoiou os católicos contra os hugonotes. Preferiu a Maria Estuardo fronte a Isabel I, á cal excomungou en 1570.

Preocupado polo avance turco, promoveu unha liga de príncipes cristiáns contra os otománs: xunto con Venecia e o Imperio español instituíu a Liga Santa. As forzas navais da Liga, derrotaron a frota otomá nas augas do golfo de Lepanto, o 7 de outubro de 1571, que non levou á liberación do Santo Sepulcro, tal e como o papa esperaba.

Morte e canonización

editar

Pío V, aqueixado de hipertrofia prostática, da que, por pudicia, non quixo ser operado, faleceu na tarde do 1 de maio de 1572, con 68 anos de idade. Foi canonizado polo papa Clemente XI (1700–21) o 24 de maio de 1712.

É o santo padroeiro da illa de Malta.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.