Xoán XVIII, papa
Giovanni Fasano foi papa da Igrexa católica baixo o nome Xoán XVIII dende o ano 1003 (consagrado en xaneiro de 1004) ata o ano 1009 . Naceu en Roma, non se sabe o seu ano de nacemento e finou nun mosteiro da mesma cidade en 1009. Sábese pouco sobre a súa vida e as fontes discrepan nas datas. Pola contra acontecementos sobre o seu pontificado son mellor testificados.
Xoán XVIII, papa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 18 de xullo de 1009 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Nacionalidade | Estados Pontificios |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | clérigo, sacerdote católico e escritor |
Período | 1003 a 1009 |
Coñecido por | ser o papa n° 141 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Era fillo dun sacerdote romano. Elixido papa o día de Nadal 1003, carga da cal dimitiu en 1009 para retirarse de monxe nun mosteiro de Roma, onde se dedicou á vida monástica, e onde morreu algúns meses máis tarde.[1]
Fai parte dos papas, como o seu predecesor, Xoán XVII, que estiveron baixo o dominio da poderosa familia romana Crescencio, familia oposta á potencia imperial, e que logrou gobernar Roma algún tempo [2].
PontificadoEditar
Durante o seu pontificado xestionou sobre todo asuntos vinculados á administración eclesiástica.
Conseguiu restablecer a unión con Bizancio e foi recoñecido bispo de Roma pola Igrexa Ortodoxa.
NotasEditar
- ↑ (en francés) [1], (en inglés) [2], (en castelán) [3] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., (en castelán) Páxina web sobre Xoán XVIII na ENCICLOPEDIA CATÓLICA[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) Crescentius
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |