Clemente VIII, antipapa

Clemente VIII, nado co nome de Gil Sánchez Muñoz y Carbón en Teruel entre 1369-1370 e finado en Mallorca o 28 de decembro de 1446, foi un relixioso aragonés.

Infotaula de personaClemente VIII, antipapa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Clemens VIII Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gil Sánchez Muñoz y Carbón Editar o valor em Wikidata
1370 Editar o valor em Wikidata
Teruel Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 1447 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Mallorca Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
26 de agosto de 1429 – 28 de decembro de 1446
← Lluís de Prades i d'Arenós (en) TraducirJuan Garcia de Aragón (en) Traducir →
Antipapa Martiño V, Bieito XIV Garnier
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Arcipreste de Teruel e antigo cóengo de Barcelona, foi un antipapa non recoñecido oficialmente da Igrexa católica, que substituíu a Bieito XIII o 10 de xuño de 1424, mantendo as súas pretensións pontificias ata o 26 de xullo de 1429.

A súa elección foi unha farsa de só tres cardeais, pero Muñoz aceptou e tomou o nome de Clemente VIII. Martiño V ordenou aos bispos de Barcelona e Tortosa que interviñesen para resolver este cisma. A situación perdurou, non obstante, uns anos máis, pois o enfrontamento político entre o papa e o rei aragonés Afonso V polo reino de Nápoles fixo que se mantivese de forma artificial o cisma. O papa enviou como legado a Alfonso de Borja (o futuro papa Calisto III) para negociar co rei o fin do seu apoio ao antipapa. Así, cando o rei Afonso conseguiu que Martiño V fixese tamén concesións (entre as que se incluían as relativas á súa posesión do reino de Nápoles) obrigou a abdicar a Clemente VIII. O último acto desta farsa foi o recoñecemento no castelo de Peñíscola de Martiño V por Clemente VIII, os seus tres cardeais e dignatarios, abandonando o seu nome pontificio e volvendo a tomar o seu nome de bautismo.

Martín V nomeouno entón bispo de Mallorca.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.