Xoán XVI, antipapa

Xoán XVI[1] (de nome Xoán Filigato ), nado en Rossano (Italia) e finado en Fulda (Alemaña) en 1013, foi un antipapa de 997 a 998.

Xoán XVI, antipapa
Antipope John XVI (XVII).JPG
Nacementoséculo X
Lugar de nacementoRossano
Falecemento26 de agosto de 1001
Lugar de falecementoAbadia de Fulda
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nacido nos territorios bizantinos do sur de Italia, foi capelán de Teófano, a nai do emperador Otón II ata que, tras actuar como legado imperial en Italia, foi nomeado abade de Nonantula, e posteriormente, titor do fillo de emperador, o futuro Otón III.

Nomeado bispo de Piacenza, foi enviado a Constantinopla coa misión de concertar o matrimonio de Otón III. Ao regresar a Roma, o papa Xoán XV acababa de falecer e fora elixido, imposto polo emperador pero co rexeitamento da nobreza e o pobo romano, Gregorio V.

Cando o emperador, que acudira a Roma para ser coroado por Gregorio V, abandonou Italia, a nobreza romana, encabezada por Crescencio II, elixiu e sentou na cadeira de San Pedro a Xoán Filigato.

O nomeamento do antipapa Xoán XVI fixo que, en 998, o emperador Otón III volvese, á fronte do seu exército, a Roma onde tras restaurar a Gregorio V, capturou ao antipapa e ordenou que lle arrincasen os ollos, lle cortasen a lingua, as orellas e o nariz e logo paseouno, montado nun asno, polas rúas de Roma. Despois desa humillación deportouno ao mosteiro de Fulda en Alemaña onde faleceu en 1013.

NotasEditar

  1. Aínda que Xoán XVI foi sempre considerado como un antipapa e nunca como un papa lexítimo, o seguinte papa que adoptou o nome de Xoán non utilizou o numeral "XVI" senón que pasou a usar o nome de Xoán XVII.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Ciències socials, geografia i història (2n ESO ed.). Barcanova. 
  • DHONDT, JAN. La Alta Edad Media (adaptación). 

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.