Anastasio III, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Anastasio III, nado en Roma e finado en xuño de 913, foi o papa n.º 120 da Igrexa católica de 911 a 913.
Nome orixinal | (la) Anastasius III |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IX Roma, Italia |
Morte | 913 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
120º Papa | |
abril de 911 (Gregoriano) – xuño de 913 ← Serxio III – Lando → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Influencias | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarSegundo papa do período coñecido como "pornocracia", foi elixido grazas ao apoio de Teofilacto I, a súa esposa Teodora e a filla de ambos, Marozia, sendo practicamente un monicreque en mans desta familia.
Durante o seu pontificado os viquingos asentáronse na zona da actual Normandía obtendo o seu xefe Rollón o recoñecemento, por parte de Carlos o Simple, como lexítimo gobernante do territorio e a man da súa filla Xisela. O devandito territorio pasou a denominarse "o ducado dos homes de norte" (Nortmannia) de onde provén o actual nome de Normandía. Rollón converteuse ao cristianismo e foi bautizado como Roberto.
Á parte deste acontecemento non se deu durante o seu papado ningún outro de relevancia histórica.
Anastasio III faleceu ao parecer asasinado por orde de Teofilacto, en xuño de 913.
Predecesor: Serxio III |
Papa 911 – 913 |
Sucesor: Lando |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |