Hrolf Ganger
Hrolf Ganger (en nórdico antigo: Göngu-Hrólfr ou Hrólfr Rögnvaldsson, en noruegués: Gange-Rolf, en sueco: Gångerolf) máis coñecido cos sobrenomes de Rollón o Camiñante ou Errante ou Rodrigo I o Rico, nado probablemente en Noruega en 846 e finado en Francia en 932 foi un caudillo viquingo. Segundo a maioría das fontes foi fillo de Rognvald Eysteinsson, Jarl de Møre.
Rollón, primeiro duque de Normandía, no pedestal do monumento na honra de Guillerme o Conquistador, en Falaise | |
Nome orixinal | (nb) Rollo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 846 Escandinavia |
Morte | 930 (83/84 anos) Normandía |
Lugar de sepultura | Catedral de Rouen (pt) |
Duque de Normandía | |
911 – 927 – Guillerme I de Normandía → | |
Datos persoais | |
Relixión | Paganismo nórdico e catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | Mercenario |
Carreira militar | |
Conflito | Cerco de Paris (pt) |
Outro | |
Título | Duque de Normandía (911–927) |
Familia | Casa de Normandía |
Cónxuxe | Gisela de Francia (912–) Poppa de Bayeux (886–) |
Fillos | Guillerme I de Normandía () Poppa de Bayeux Crespina de Normandie (en) () Poppa de Bayeux Gerletta de Normandie (en) () Poppa de Bayeux Robert of Corbeil (en) () Poppa de Bayeux Gerloc () Poppa de Bayeux unknown (?) (en) () Kathlin de Normandie (en) () Poppa de Bayeux |
Pais | Rǫgnvaldr Eysteinsson (en) e Hildr Hrólfsdóttir (en) |
Irmáns | Hallað Rǫgnvaldsson (en) , Þórir þegjandi Rǫgnvaldsson (en) e Torf-Einarr (en) |
Creou o principado viquingo que pasaría a coñecerse como Ducado de Normandía sendo os seus descendentes duques de Normandía e reis de Inglaterra. Foi devanceiro de Guillerme o Conquistador e da Dinastía Normanda do Reino de Inglaterra.
O alcume de Camiñante provén do seu gran tamaño, polo que ningún cabalo podía con el e tiña que camiñar.
Traxectoria
editarOrixes
editarA orixe de Rollón é causa de acaloradas disputas entre historiadores noruegueses e daneses dende o século XIX, especialmente no período previo ao milésimo aniversario de Normandía (1911).
Segundo numerosas fontes, coma Dudo de Saint-Quentin ou Guillerme de Jumièges, Rollon era fillo dun poderoso nobre danés que sostiña enfrontamentos co rei de Dinamarca; trala morte de seu pai, Rollón viuse obrigado a exiliarsem e seu irmán, Gurim, foi asasinado.
Historiadores noruegueses e islandeses identifican a Rollón con Hrolf Ganger, fillo de Rognvald Eysteinsson, conde de Møre (oeste de Noruega). Hrolf caeu en desgraza ante o rei Harald I e por este motivo foi exiliado.
Saqueo de Francia
editarEn 885 Rollón foi un dos líderes menores da importante frota viquinga que, baixo as ordes de Sigfred, pretendía saquear Borgoña remontando o río Sena. Para seguir o transcurso do río necesitaba conquistar París, e con este fin sitiou a cidade e tentou tomala, pero fracasou. Tivo que aceptar entón pagar un tributo ao emperador carolinxio de occidente Carlos III o Gordo para renunciar e marchar. Porén, Rollón quedou atrás e conquistou o norte de Francia, correspondente con Neustria, e que pasaría a coñecerse como Normandía.
En 911 lanzou un novo ataque a París, que fracasou, antes de sitiar Chartres. Á petición de axuda do Bispo de Chartres, Joseaume, acudiron o Marqués de Neustria, o Duque de Borgoña e o Conde de Dijon, enfrontándose a Rollón o 20 de xullo de 911. Rollón saíu derrotado da batalla de Chartres a pesar da ausencia do rei Carlos o Simple.
Principado de Normandía
editarA pesar da vitoria sobre os viquingos o rei carolinxio Carlos III decidiu negociar con Hrolf Ganger para que este protexese a costa norte do reino. Coa sinatura do tratado de Saint-Clair-sur-Epte Rollón xurou vasalaxe ao rei dos francos converténdose ao catolicismo e chamándose Roberto I. A cambio, o rei recoñeceuno coma señor das terras entre o río Epte e o mar, así como de partes da Bretaña, establecendo a capital dos seus dominios en Ruán. Na actualidade existe un intenso debate sobre se Rollón chegou a ser Duque ou se ostentou un título menor.
O rei concedeulle ademais a man da súa filla, Xisela. Estableceu
A partir do ano 911 mantívose fiel á súa promesa de protexer as beiras do río Sena, mais a pesar disto seguiu actuando coma xefe viquingo, realizando ataques a Flandres.
Trala deposición de Carlos III por Roberto I en 922 Rollón entendeu que o seu xuramento chegara ao seu fin polo que comezou a súa expansión, adquirindo Le Mans, Bayeux e Bessin.
Morte
editarEn torno ao 927 Rollón cedeu o control de Normandía ao seu fillo, Guillerme I, vivindo algúns anos despois disto. Morreu en torno ao 932 recuperando antes de morrer as súas crenzas anteriores ao bautismo. Unha lenda conta que sacrificou cen prisioneiros católicos.
Descendencia
editarRollón tivo dúas esposas.
- Poppa de Bayeux. Segundo Dudo de Saint-Quentin era filla do Conde Berengar II, capturado polo propio Rollo. Non está claro o tipo de relación que existía entre eles, ao ser común a poligamia entre os viquingos. Tiveron tres fillos:
- Guillerme I de Normandía ou Guillerme Espada longa
- Gerloc, bautizada co nome de Adèle, esposa de Guillerme III, Duque de Aquitania.
- Kadlin, segundo Ari Thorgilsson filla de Rollón, casou co rei de Escocia Bjolan e tivo polo menos unha filla chamada Midbjorg. Foi levada cativa por Helgi Ottarson, con quen casou.
- Xisela de Francia, filla do Rei Carlos III de Francia o Simple, con quen tivo unha filla:
- Griselle, que casou con Thorbard av Møre, que co tempo pasou a chamarse Herbert de la Mare e foi o primeiro señor de Sainte-Opportune-la-Mare.
Árbore xenealóxica do ducado de Normandía
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hrolf Ganger |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Ningún |
Duque de Normandía 912 – 927 |
Sucesor: Guillerme I |