Carlos III de Francia
Carlos III, tamén coñecido como o Simple (como sinónimo de honesto non de torpe), nado o 7 de xaneiro ou 17 de setembro de 879 en Péronne (Somme) e finado o 7 de outubro de 929, foi rei de Francia occidental entre 893 e 923.
Carlos III | |
---|---|
![]() | |
Rei de Francia occidental | |
1 de xaneiro de 898 – 28 de xuño de 922 | |
Predecesor | Eudes I |
Sucesor | Roberto I |
Coroación | 28 de xaneiro de 893, Reims |
Nacemento | 879 Péronne, Somme. |
Falecemento | 7 de outubro de 929 |
Cónxuxe/s | Frédérune Edwige de Wessex |
Proxenitores | Luís II de Francia Adelaida de Frioul |
Na rede | |
![]() | |
Traxectoria Editar
Fillo de Luís II de Francia o Tatexo e de Adelaida de Friúl, no momento da morte de seu pai e seus irmáns era demasiado novo para reinar, polo que o emperador carolinxio Carlos III o Gordo tomou a coroa e os nobres do reino escolleron a Eudes, Conde de París, como rei de Francia occidental. Porén finalmente o 28 de xaneiro de 893 coroouse como rei de Francia en Reims, se ben non puido acceder ao trono ata a morte de Eudes no ano 898.
Xa no trono deulle solución ao continuo problema das invasións viquingas. En 911 asinou o Tratado de Saint-Clair-sur-Epte, segundo o cal acordou co caudillo viquingo Hrolf Ganger a concesión de Normandía a cambio da promesa de protexer a costa de Francia e o río Sena da pillaxe viquinga, a promesa de vasalaxe, a conversión ao catolicismo e o matrimonio coa filla do rei francés, Gisela.
Por outro lado a nivel interno non puido limitar o poder dos señores feudais, que se organiza en torno aos numerosos torreóns, loitando especialmente contra Xilberto de Lorena, Raúl de Borgoña e o futuro Roberto I, irmán de Eudes e avó de Hugo Capeto.
Á morte de Luís IV, último rei carolinxio de Xermania, Carlos reivindicou a rexión de Lorena e fixo valer os seus dereitos ao Imperio, porén é derrotado polo xermano Henrique o paxareiro, futuro Henrique I.
Roberto, conde de París e irmán do anterior rei, fomentou unha revolta contra a coroa e os seus partidarios escollérono como rei so o nome de Roberto I e o 29 de xuño de 922 Carlos III renunciou, obrigado, ao trono, mais contraatacou dende Lorena enfrontándose ao usurpador na batalla de Soissons o 15 de xuño de 923. Nesa batalla morreu Roberto I, mais o seu fillo, Hugo Capeto, derrotou a Carlos III.
Despois deste enfrontamento os señores feudais de Francia non recoñeceron como rei ningún dos contendentes, escollendo a Raul de Borgoña, que sería coronado co nome de Raúl I de Francia.
Carlos III refuxiouse na casa do seu vasalo Herberto II de Vermandois, quen o fixo prisioneiro no Castelo de Péronne (Somme) a causa dos seus lazos familiares con Roberto I, xa que a súa irmá era a esposa deste.
Finalmente morre en 929 despois de seis anos de cativerio.
Descendencia Editar
- Con Frédérune:
- Giséle
- Rothrude
- Hildegarde
- Frérone
- Ermentrude
- Adélaïde
- Con Edwige de Wessex, filla de Eduardo o Vello, rei de Wessex:
- Luis IV de Francia, rei de Francia entre 936 e 954.
- Fillos bastardos:
- Arnulf
- Drogon
- Roricon
- Alpaïs
Predecesor: |
Rei de Francia occidental 898 - 922 |
Sucesor: |
Predecesor: Luís O Neno |
Rei de Lotarinxia 911 - 923 |
Sucesor: Henrique I O Paxareiro |