Abrir o menú principal

Carlos III o Gordo

TraxectoriaEditar

 
Imperio de Carlos III no ano 887. Comprendía os reinos da Francia Occidentalis e da Francia Orientalis, de Italia e de Borgoña.

Carlos era fillo de Luís o Xermánico, e recibiu en herdanza o reino de Xermania.

Tras a abdicación do seu irmán Carlomán de Baviera obtivo o reino de Italia.

Foi coroado emperador en 881 polo papa Xoán VIII en agradecemento pola súa axuda contra Guido de Spoleto, que estaba invadindo os Estados Pontificios.

No ano seguinte morreu o seu outro irmán, Luís III, herdando como resultado o reino da Francia Orientalis.

Ao falecer o seu primo Carlomán II, herdou tamén o reino da Francia Occidentalis. Deste xeito, o Imperio franco quedaba reunificado, aínda que por breve tempo.

Carlos tivo de facer fronte a numerosas incursións viquingas. Unha das máis importantes foi a que mantivo sitiada a cidade de París, preferindo os viquingos pactar a súa retirada a cambio de cuantiosas sumas de diñeiro, o cal desgustou a gran parte da poboación, que o considerou un monarca incapaz, covarde e despreocupado.

Durante o seu reinado estalaron rebelións por todo o Imperio. Unha das máis importantes foi a do conde de París, enormemente popular polo seu labor na defensa de dita cidad ante o ataque viquingo.

Ao non ter fillos lexítimos, tratou de nomear como sucesor un bastardo concibido por unha das súas concubinas, pero a oposición dos bispos fíxolle abandonar a idea. Carlos padecía continuamente enfermidades (probabelmente fora epiléptico) e foi deposto en 887 pola Dieta de Tribur, co que o Imperio carolinxio se disgregou para sempre. Faleceu semanas máis tarde.

Matrimonio e descendenciaEditar

Carlos casou no ano 862 co Ricarda de Suabia (ca. 840 - ca. 895). Non tiveron descendencia.

O único fillo coñecido de Carlos foi Bernardo (?- 891 ou 892), froito da súa unión con unha concubina.

Antepasados de Carlos III o GordoEditar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Bertrada de Laon
 
 
 
 
 
 
 
Luís o Piadoso
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hildegarda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Luís o Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ermengarda de Hesbaye
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos o Gordo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Welf
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Emma de Altdorf
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hedwiga de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Luís o Xermánico
Rei da Francia Orientalis
Xunto a Carlomán de Baviera (876–879)
e Luís II o Mozo (876—882)

876 - 882
Sucesor:
El mesmo como
Rei único da Francia Orientalis
Predecesor:
Luís II o Mozo
Rei da Francia Orientalis
882 - 887
Sucesor:
Arnulfo de Carintia
Predecesor:
Carlomán de Baviera
Rei de Italia
879[1]888[2][3][4]
Sucesor:
Berengario de Friúl
Predecesor:
Carlomán II
Rei da Francia Occidentalis
885 - 888[2][3][4]
Sucesor:
Eudes de Francia
Predecesor:
Carlos II
Emperador Occidental
881887
Sucesor:
Guido de Spoleto

NotasEditar

  1. Gregorovius, Ferdinand (1895): History of the City of Rome in the Middle Ages. Volume 3. Reimpresión en New York: Cambridge University Press. ISBN 978-1-108-01502-8.
  2. 2,0 2,1 Goldberg, Eric Joseph (2006): Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876. Ithaca and London: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-3890-5.
  3. 3,0 3,1 Reuter, Timothy (1992): The Annals of Fulda. Ninth-century Histories Volume 2 Manchester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-3458-9.
  4. 4,0 4,1 Bower, Archibald (1754): The History of the Popes: From the Foundation of the See of Rome to the Present Time. Volume 4. Reimpresión en 1999, Elibron Classics, ISBN 978-1-4021-7184-0.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ademais dos textos citados nas notas:

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar