Eudes I de Francia
Eudes, tamén coñecido coma Odón ou Odo, nado en 860 e finado o 1 de xaneiro de 898 foi Duque de Francia, Conde de París (886-888) e Rei de Francia Occidental dende 888 ata a súa morte.
Eudes | |
---|---|
Rei de Francia occidental | |
29 de febreiro de 888 – 1 de xaneiro de 898 | |
Predecesor | Emperador Carlos III O Gordo |
Sucesor | Carlos III O Simple |
Coroación | 29 de febreiro de 888, Compiègne |
Nacemento | 860 |
Falecemento | 1 de xaneiro de 898 La Fère |
Proxenitores | Roberto de Anjou |
Na rede | |
![]() | |
Traxectoria editar
Fillo do Conde Roberto de Anjou e irmán do tamén Rei de Francia Roberto I. Coma Conde de París resistiu ao asedio viquingo en 885, incluso despois de que o emperador Carlos III o Gordo chegara a un acordo cos asaltantes de salvar a cidade a cambio dun tributo e deixar pasar á frota para que saquearan Borgoña, hostíl ao emperador. Eudes estaba ao cargo das defensas da cidade e a pesar do acordo non permitiu pasar á frota e fixo que esta se retirara, o que lle fixo gañar un gran peso político e que no momento da renuncia forzada de Carlos III o axudou a postularse e finalmente ser coroado como Eudes I de Francia, rei de Francia occidental, en 888.
Xa coma rei enfrontou de novo aos viquingos, aos que derrotou en Montfaucon-d'Argonne. Porén ante o apoio da maior parte da nobreza franca, incluído Arnulfo de Carintia, ás pretensións do futuro rei Carlos III o Simple tivo que recoñecelo coma sucesor.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eudes |
Outros artigos editar
Predecesor: |
Conde de París 882 - 898 |
Sucesor: |
Predecesor: Emperador Carlos III o Gordo |
Rei de Francia occidental 888 - 898 |
Sucesor: Carlos III o Simple |