Roberto I de Francia
Roberto I, nado en torno a 865 e finado o 15 de xuño de 923 en Soissons, foi rei da Francia Occidental dende o ano 922 ata a súa morte.
Roberto I | |
---|---|
![]() | |
Rei de Francia occidental | |
30 de xuño de 922 – 15 de xuño de 923 | |
Predecesor | Carlos III |
Sucesor | Raúl I |
Coroación | 30 de xuño de 922, Reims |
Nacemento | 865 |
Falecemento | 15 de xuño de 923 Soissons |
Cónxuxe/s | Adela de Maine Beatriz de Vermandois |
Proxenitores | Roberto de Anjou |
Na rede | |
![]() | |
Traxectoria editar
Fillo do Conde Roberto de Anjou e irmán do Rei Eudes, participou xunto co seu irmán na defensa de París ante o ataque viquingo de 885, e cuxa vitoria lle valeu a seu irmán o trono de Francia Occidental. Non se postulou coma sucesor do seu irmán, sendo recoñecidos os seus cargos militares e posesións territoriais coma Conde de París por Carlos III, permaneceu no norte de Francia encargado da defensa dos ataques viquingos.
No ano 921 parte da nobreza franca e o clero levantáronse contra Carlos III O Simple, entre os que se atopaba Roberto. Carlos III foi derrotado e tivo que retirarse a Lotarinxia, polo que Roberto I foi coroado en Reims o 30 de xuño de 922. Porén o rei deposto reuniu un exército e enfrontouse a Roberto I o 15 de xuño de 923 preto de Soissons, onde Roberto foi asasinado.
Carlos tampouco puido recuperar o trono e foi confinado, unha asemblea de nobres escolleu a Raúl, Conde de Borgoña, coma sucesor, Raúl I de Francia.
Descendencia editar
Tivo dúas esposas:
- Adela de Maine, da que tivo unha filla.
- Adela, casada en 907 co Conde Herberto II de Vermandois.
- Beatriz de Vermandois, filla do Conde Herberto I de Vemandois, tataraneto de Carlomagno, con que tivo tres fillos:
- Emma (894-934), casada con Raúl I de Francia.
- Hugo o Grande (898-956), o seu sucesor coma Conde de París e Duque de Francia.
- Riquilda.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto I de Francia |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Reis de Francia (en inglés)
Predecesor: |
Conde de París 898 - 923 |
Sucesor: |
Predecesor: Carlos III O Simple |
Rei de Francia occidental 922 - 923 |
Sucesor: Raúl I |