Francia occidentalis
Francia occidental ou, co nome latino, Francia Occidentalis era o territorio baixo controlo de Carlos II o Calvo (840 - 877) despois do Tratado de Verdun de 843, que dividiu o Imperio Carolinxio dos francos en Oriental, Occidental e Media[1]. É o precursor da Francia moderna. Tamén foi coñecido como o Reino franco occidental.

As divisións do Imperio carolinxio segundo o Tratado de Verdún (843). En laranxa a Francia occidentalis. Este mapa había sufrir importantes modificacións co Tratado de Meerssen (870).
Dividíase en grandes feudos: Aquitania, Bretaña, Borgoña, Flandres, Gascuña, Gotia (Cataluña e Septimania), a Illa de Francia e o condado de Tolosa. Despois do 987, o reino comezou a chamarse Francia, debido a que a nova dinastía gobernante (a Capeto) era orixinalmente duques da Illa de Francia.
NotasEditar
- ↑ Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876 (en inglés). Cornell University Press. 2006. ISBN 080143890X.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francia occidentalis |