Tratado de Meerssen

O Tratado de Meerssen foi asinado na localidade do mesmo nome o 8 de agosto do 870 entre Carlos o Calvo (rei da Francia Occidentalis, xermolo da actual Francia) e Lois o Xermánico (rei da Francia Orientalis; hoxe Holanda, Alemaña, Suíza e Austria) e consagrou a división de Lotarinxia o reino do sobriño de ámbolos dous, Lotario II.

Mapa do Tratado de Meerssen (870)

Meerssen, hoxe, é unha cidade holandesa Meerssen preto de Maastricht, e por mor da inexistencia de documentos orixinais, non se pode afirmar taxativamente que fose o lugar onde se asinou o tratado, nin tampouco a data exacta, pois tan só hai noticias do feito por fontes de tipo secundario que sinalan esa cidade e esa data.[1]

Contexto

editar

O tratado de Verdún , en 843, decidiu a repartición do Imperio Carolinxio entre os tres fillos de Lois o Piadoso. O máis vello, Lotario I, recibiu a Francia Oriental, que á súa vez dividiuse pouco antes da súa morte, en 855 (no Tratado de Prüm), entre os seus tres fillos Lois II (Reino de Italia e o título imperial), Lotario II (Lorena ou Lotarinxia) e Carlos da Provenza (Reino da Provenza ou reino da Baixa Borgoña). Carlos da Provenza morreu en 863 e, ao non ter fillos, a súa parte foi repartida entre os seus dous irmáns Lotario II e Lois II.[2]

Na entrevista de Metz, en maio de 868, os seus tíos Carlos o Calvo e Lois o Xermánico, decidiron un plan para dividir a terra do ex emperador Lotario I, daquela en posesión dos seus fillos Lois II e Lotario II.[3]

A repartición

editar

Á súa vez, Lotario II morreu no 869. Seu irmán Lois II, que debería herdar o seu reino, estaba ocupado loitando contra os musulmáns en Benevento e non puido acceder á súa herdanza. A situación, foi aproveitada polos seus dous tíos para apropiarse de Lotarinxia: por unha banda, Carlos o Calvo fíxose coroar rei da Lotarinxia en Metz, a capital de Lotario II, que provocou a ameaza de Lois o Xermánico dunha declaración de guerra. Para evitala, Carlos mais Lois chegaron ao acordo da repartición mediante o Tratado de Meerseen, no que se reparten a Lotarinxia e pasaron a ter fronteira común.

Fixouse o curso do Mosa e o seu afluente o río Ourthe como fronteira:

A pesar das súas protestas e apoio do papa Hadrián II, Lois II non puido impedir que cos dous se repartisen a Lotarinxia[4] e non conseguiu recuperar a súa herdanza cando morreu en 875.

Consecuencias

editar

O acordo non houbo durar máis de dez anos, pois ao morrer Lois o Xermánico no 876, o seu irmanastro Carlos o Calvo, invadiu tamén a Lotarinxia oriental máis aló do río Ourthe, pero foi derrotado preto de Andernach por un exército moito menor baixo o mando de Lois III o Mozo, herdeiro de Lois II o Xermánico.

De igual xeito, coa morte de Carlos o Calvo ao ano seguinte, o seu fillo e herdeiro Lois II de Francia, o Tatexo, foi atacado por Lois III de Alemaña que invaidiu a Lotarinxia occidental no 879. Como morrera tamén nese ano Lois II de Francia, seus fillos Lois III e Carlomán II víronse obrigados a asinar o Tratado de Ribemont no 880 polo que cederon a Lotarinxia occidental a Lois II o Xermánico que, deste xeito, consegue facerse con toda a Lotarinxia.

Durante a Idade Media, os límites occidentais de Lorarinxia marcaron a fronteira entre o Reino de Francia e o Sacro Imperio Romano Xermánico até a Idade Moderna, cando os mariscais de Henrique II e Lois XIV de Francia conquistaron o territorio da Alta Lotarinxia e Alsacia mediante guerras e demandas xurídicas producidas polas Cámaras de Reunión creadas polo Rei Sol.

Divisións sucesivas do Imperio Carolingio

editar
  1. Annales de Saint-Bertin-Annales de Metz (869-893)
  2. Donado & Echevarría (2014), p. 200
  3. Devisse (1975)
  4. Martos Rubio, Ana (2008). Papisas y teólogas: Mujeres que gobernaron el reino de Dios en la Tierra. Col. Historia incógnita. Madrid: Nowtilus. p. 165. ISBN 978-84-9763-454-0. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar