Río Saona, río Ródano
O Saona (en francés La Saône, en francoprovenzal, Sona) é un río do leste de Francia, o principal afluente do río Ródano, co que conflúe en Lión.
(fr) Saône | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
País da cunca | Francia | |||
División administrativa | Francia | |||
Final | ||||
División administrativa | metrópole de Lión, Francia | |||
Localización | Lión | |||
Desembocadura | Río Ródano | |||
| ||||
Afluente | 47 | |||
Conca hidrográfica | Saône basin (en) | |||
Características | ||||
Tamaño | 480 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 29.950 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 473 m³/s | |||
Ten unha lonxitude de 480 km e drena unha ampla conca de 29.950 km². O seu principal afluente é o río Doubs.
Xeografía
editarO río Saona nace en Vioménil, nos montes Faucilles, no departamento dos Vosgos a 392 m de altitude e desemboca no Ródano en Lión.
Antes da confluencia co río río Doubs, situada en Verdun-sur-le-Doubs no departamento de Saona e Loira, o Saona é chamado pequeno Saona, o que mostra a forte contribución do afluente do Franco Condado.
O seu antigo nome antes da época romana era Arar, desdobrado da raíz indoeuropea ar = auga, xa que ao fluír tan lentamente, é difícil ás veces ver o sentido da auga (segundo César en De Belo Gallico). En época clásica chamábase Araris. O seu nome actual provén dunha fonte de auga sagrada situada en Chalon, cuxo nome foi dado ao conxunto do río polos lexionarios romanos.
Departamentos e principais cidades atravesadas
editarO río Saona pasa por moitas cidades e localidades ao longo do seu curso. As principais son as seguintes, en dirección augas abaixo:
- Vosgos: Darney, Monthureux-sur-Saône e Châtillon-sur-Saône.
- Alto Saona: Jonvelle, Corre, Jussey, Port-sur-Saône, Scey-sur-Saône e Gray.
- Côte-d'Or: Auxonne, Saint-Jean-de-Losne e Seurre.
- Saona e Loira: Verdun-sur-le-Doubs, Chalon-sur-Saône, Tournus, Mâcon e Crèches-sur-Saône.
- Ródano: Belleville-sur-Saône, Villefranche-sur-Saône, Anse, Neuville-sur-Saône, Caluire-et-Cuire e Lión.
- Ain: Thoissey, Jassans-Riottier e Trévoux.
A principal de todas as cidades é Lión (472.305 hab. en 2006), a terceira cidade en importancia de Francia.
Hidroloxía
editarO pequeno Saona
editarO pequeno Saona ten un réxime pluvial (ás veces influenciado pola neve) cunha forte influencia oceánica. Os chans pouco propicios á infiltración satúranse moi pronto e favorecen o aumento do caudal. Axiña que como aumenta e logo de recibir as augas do Lanterne, o Saona convértese nun río poderoso.
O caudal medio interanual do Saona é rexistrado desde 1964 pola estación hidrolóxica de Ray-sur-Saône, localidade situada a unha trintena de quilómetros logo da confluencia co Lanterne, entre Port-sur-Saône e Gray.
É do 59,7 m³/s por unha superficie de cunca de 3740 km² (cunca superior do pequeno Saona), cun máximo anual do 64,5 e un mínimo do 54,8.
O río presenta flutuacións de caudal dependendo da estación, con crecidas no inverno de 84 a 108³ de decembro a marzo incluídos, e de baixadas de caudal no verán, en xullo-agosto-setembro, cunha baixada que chega ao 16,9 m³ no mes de agosto.[1]
O gran Saona
editarO gran Saona fórmase pola unión do río Doubs e do Saona en Verdun-sur-le-Doubs. O Doubs achega unha media interanual de 175 m³ de auga por segundo, mentres que o Saona achega 160 m³.
O gran Saona só recibe pequenos afluentes que modifican pouco o réxime hidrolóxico e particularmente as crecidas. O gran Saona transcorre por unha gran e ancha chaira (ata 3 km de anchura) ata a entrada en Lión, pola depresión dun antigo lago. A pendente é moi débil e sen os acondicionamentos hidráulicos para garantir ata o norte de Chalon unha canle de navegación profunda, os desbordamentos serían máis frecuentes.
Na estación hidrolóxica de Couzon-au-Mont-d'Or á entrada da aglomeración lionesa, as observacións realizadas desde 1969 ata 1986 mostraron un caudal medio interanual de 473 m³/s, cun caudal de crecida centenario de 3 180 m³.
Caudal medio mensual (en m³/s) medido na estación hidrolóxica de Couzon-au-Mont-d'Or - datos calculados sobre 16 anos
En total, o caudal medio en Lión é de 475 m³/s cun mínimo en agosto de 153 m³/s e un máximo en febreiro de 954 m³[2]
Notas
editar- ↑ Banco hidrológico - Estación U0610010 - El Saona en Ray-sur-Saône (Synthèse) Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en francés)
- ↑ Banque Hydro - Station U4710010 - El Saona en Couzon-au-Mont-d'Or Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (no seleccionar la casilla "Station en service") (en francés)