Ródano
Ródano[1] (69) (en francés: Rhône) é un departamento francés situado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Os habitantes do departamento reciben o xentilicio francés de rhodaniens.
Epónimo | Río Ródano | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
Capital | Lión (2015–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 451.317 (2015) (166,22 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua francoprovenzal | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.715,11 km² | ||||
Punto máis alto | Mont Saint-Rigaud (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de agosto de 1793 | ||||
Sucedido por | metrópole de Lión | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-69 | ||||
Código NUTS | FR716 | ||||
Código de departamento INSEE | 69 | ||||
Sitio web | rhone.fr | ||||
Na división departamental de 1789, levada a cabo o 4 de marzo de 1790, incluíuse o departamento de Ródano e Loira. Este foi dividido o 12 de agosto de 1793 nos actuais departamentos de Ródano e Loira.
Limita polo norte con Saona e Loira, polo leste con Ain, polo sueste con Isère, polo oeste con Loira.
Historia
editarO departamento naceu o 12 de agosto de 1793 cando o antigo département de Ródano e Loira foi subdividido en dous departamentos distintos.
Orixinalmente, o bordo oriental de Ródano era a cidade de Lión, de forma tal que as comunas do leste de Lión pertencían ao departamento veciño. Co crecemento de Lión e o desenvolvemento da área urbana sobre as comunas suburbanas de Lión, os límites do departamento foron considerados pouco prácticos, polo que Ródano foi ampliado varias veces incorporando os suburbios de Lión dos departamento veciños, incrementando a súa área de 2,791 km² a 3,249 km² (un 16.4%).
Dende o 1 de xaneiro de 2015 a aglomeración de Lión acadou status propio (metrópole de Lión), sendo desligada do departamento que dende entón só conta cos territorios exteriores á dita aglomeración. Deste xeito, o departamento do Ródano, tamén chamado Novo Ródano, só abarca os territorios exteriores á metrópole de Lión.
Demografía
editar1801 | 1831 | 1841 | 1851 | 1856 | 1861 | 1866 |
---|---|---|---|---|---|---|
299.390 | 434.980 | 500.831 | 574.745 | 625.991 | 662.493 | 678.648 |
1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 | 1901 |
670.247 | 705.131 | 741.470 | 772.912 | 806.737 | 839.329 | 843.179 |
1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 |
858.907 | 915.581 | 956.566 | 993.915 | 1.046.028 | 1.028.379 | 918.866 |
1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
966.782 | 1.116.664 | 1.325.571 | 1.429.647 | 1.445.208 | 1.508.966 | 1.578.869 |
Notas:
- O 2 de marzo de 1852, catro comunas de Isère pasaron a formar parte de Ródano.
- O 31 de decembro de 1967, seis comunas de Ain (con 12.689 habitantes en 1962) e outras 23 de Isère (con 51.718 habitantes en 1962) incorporáronse a Ródano.
- O municipio de Colombier-Saugnieu (812 habitantes en 1968) pasou de Isère a Ródano o 1 de abril de 1971.
Notas
editar- ↑ A histórica rexión do "Rhône" denomínase en galego "Ródano". Ver Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 121. ISBN 978-84-9749-504-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2014.
Ligazóns externas
editar- Prefectura
- Conseil général Arquivado 16 de decembro de 2014 en Wayback Machine.