Ain
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
![]() | |
Rexión | Auvernia-Ródano-Alpes |
Prefectura | Bourg-en-Bresse |
Presidente | Charles de la Verpillière |
Distritos | 4 |
Cantóns | 43 |
Concellos | 419 |
Superficie | 5 762 km² |
Poboación (2004) Total Densidade |
547 000 hab. 95 hab./km² |
![]() | |
Localización de Ain en Francia. |
Ain (01) é un departamento de Francia, localizado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Comparte fronteira con Suíza ó leste. De feito teñen infraestruturas comúns, como o aeroporto de Cointrin e o acelerador de partículas CERN.
HistoriaEditar
O departamento de Ain foi un dos 83 creados durante a Revolución Francesa, o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir de catro provincias: Bresse, Bugey, Dombes, Pays de Gex e unha parte de Franc-Lyonnais.
Pays de Gex foi separado de 1798 a 1814 cando se creou o departamento de Léman. Seis municipios do suroeste do departamento, nas periferias de Lión, foron unidos ó departamento de Ródano en 1967 trala creación da Comunidade Urbana de Lión.
EconomíaEditar
Ain é, sobre todo, un departamento agrícola. Con todo, a industria e os servizos son máis importantes na economía do departamento.
DemografíaEditar
Non existe un xentilicio oficial para designar ós habitantes de Ain. É un departamento formado por catro rexións principais, e os habitantes adoptan o xentilicio da correspondente.
Ain non posúe ningunha cidade especialmente importante, pero si unha densa rede de vilas. Tras ter diminuído a súa poboación na segunda metade do século XIX e trala primeira guerra mundial, volveu a aumentar trala segunda guerra mundial. Dinamizada pola proximidade de Lión e de Xenebra, Ain veu un grande aumento demográfico durante os últimos trinta anos, pasando de 340 000 habitantes en 1968 a 515 000 en 1999.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ain |