Lois III de Alemaña
Lois III de Alemaña, tamén chamado Lois o Mozo, nado en 835 e finado o 20 de xaneiro de 882, foi o segundo fillo do monarca carolinxio Lois o Xermánico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 835 valor descoñecido |
Morte | 20 de xaneiro de 882 (46/47 anos) Frankfurt, Alemaña |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Abadia de Lorsch (pt) |
2º Rei de Francia Oriental | |
876 – 882 ← Lois o Xermánico – Carlos III o Gordo → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Cónxuxe | Lutgarda de Saxonia |
Fillos | Hugo da Saxônia, Luís, Hildegarda |
Pais | Lois o Xermánico e Emma da Baviera |
Irmáns | Carlomán de Baviera Carlos III o Gordo Hildegarda Ermengarda de Chiemsee Berta Gisla Verona Veronus |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie |
Traxectoria
editarO seu pai herdou o reino de Saxonia desde o 876. Tamén herdou o reino de Baviera do seu irmán máis vello Carlomán á súa morte en 880. Morreu no 882 e todos os seus territorios pasaron ao terceiro dos irmáns, Carlos o Gordo.
Pipino o Breve | ||||||||||||||||
Carlomagno | ||||||||||||||||
Bertrada de Laon | ||||||||||||||||
Lois o Piadoso | ||||||||||||||||
Hildegarda | ||||||||||||||||
Lois o Xermánico | ||||||||||||||||
Ermengarda de Hesbaye | ||||||||||||||||
Lois III o Novo | ||||||||||||||||
Welf | ||||||||||||||||
Emma de Altdorf | ||||||||||||||||
Hedwig de Baviera | ||||||||||||||||
Naceu no 835, fillo de Lois o Xermánico e de Emma de Altdorf. Foi o segundo dos tres fillos de Lois o Xermánico, que, seguindo o costume franco de dividir o reino entre os seus fillos, cedeu territorios do seu reino aos seus fillos para que adquirisen experiencia no goberno. O fillo máis vello, Carlomán, recibiu Baviera, Lois recibiu Saxonia, e o terceiro fillo, Carlos o Gordo, Alemaña[1] .
Durante a súa mocidade, Lois, ás veces co apoio de Carlos, enfrontouse ás veces loitou co seu pai, pero as sublevacións non foron máis lonxe e sempre se reconciliou co seu pai. Á morte de Lois o Xermánico no 876, o reino dos francos orientais separouse finalmente e os tres irmáns herdaron os seus correspondentes reinos.
O seu tío, Carlos o Calvo, buscou aproveitarse da mocidade de Lois para anexarse as partes occidentais de Lotarinxia, pero a pesar de ter un exército significativamente menor, Lois deuno derrotado na batalla de Andernach.
Grazas ao Tratado de Ribemont (880) apoderouse de Lotarinxia a costa do reino francés e coa morte do seu irmán Carlomán o mesmo ano obtivo o reino de Baviera.
Lois tamén tivo que tratar coas incursións viquingas, que penetraron no interior e saquearon o reino. Lois derrotou a hoste dos viquingos en Thimeon, pero o seu fillo bastardo Hugo morreu na batalla.
Lois enfermou no 881 e faleceu o 20 de xaneiro do 882. O seu único fillo lexítimo, Lois, morrera aos dous anos ao caer accidentalmente por unha fiestra do palacio, de xeito que á súa morte todos os seus territorios pasaron ao seu irmán Carlos, volvéndose unificar o reino de Alemaña que se dividira pola morte de seu pai.
Notas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois III de Alemaña |