Carlomán de Baviera
Carlomán (en alemán: Karlmann), nado en 830 e finado o 22 de marzo de 880, foi o fillo máis vello do monarca carolinxio Luís o xermánico. Reinou como rei de Baviera desde o 876 e como rei de Italia desde o 877.
Carlomán de Baviera | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 830 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 22 de setembro de 880 |
Lugar de falecemento | Altötting |
Causa | Ictus |
Soterrado | Altötting |
Nacionalidade | valor descoñecido |
Ocupación | monarca |
Pai | Luís, o Germânico |
Nai | Emma da Baviera |
Cónxuxe | wife |
Fillos | Arnulfo de Carintia |
Irmáns | Luís III de Alemaña, Carlos III o Gordo, Hildegarda, Ermengarda de Chiemsee, Berta, Gisla, Verona of Leefdaal e Veronus of Lembeek |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Carlomán naceu no 830, o primeiro fillo de Luís o Xermánico e da súa muller Emma de Baviera[1]. Cando chegou á idade adulta, reclamoulle ao seu pai un reino propio para gobernar, revoltándose no 861 e de novo no 863[2]. Logo os seus dous irmáns máis pequenos Luís e Carlos o Gordo uníronse ás súas demandas e rebeláronse[3]. Luís foi obrigado a establecer o repartimento do seu reino entre os tres fillos: a Carlomán prometeulle o reino de Baviera, que tamén incluía Pannonia, Carintia, Bohemia, Moravia e as marcas orientais. Saxonia foi asignada a Luís e a Carlos a Suabia[4].
En 876 morreu Luís o Xermánico e os tres irmáns herdaron os respectivos reinos. A diferenza do que sucedera entre o seu pai e os tíos, e estaba a suceder cos seus curmáns, os tres irmáns mantiveron a concordia entre eles e actuaron xuntos para coordinando as súas políticas.
Á morte de Carlos o Calvo de Francia occidental, Carlomán aproveitou para atravesar os Alpes e proclamarse rei de Italia[5]. Tamén buscou converterse en emperador, pero no 879 sufriu un ictus[6] que lle provocou paraplexía e o incapacitou para gobernar. Dado que non tiña descendencia lexítima, dividiu o reino entre os seus dous irmáns, dando Baviera a Luís e Italia a Carlos[7]. Carlomán morreu ao ano seguinte.
Familia Editar
Devanceiros Editar
16. Pipino o Breve | ||||||||||||||||
8. Carlomagno | ||||||||||||||||
17. Bertrada de Laon | ||||||||||||||||
4. Luís o Piadoso | ||||||||||||||||
9. Hildegarda | ||||||||||||||||
2. Luís o Xermánico | ||||||||||||||||
5. Ermengarda de Hesbaye | ||||||||||||||||
1. Carlomán de Baviera | ||||||||||||||||
6. Welf | ||||||||||||||||
3. Emma de Altdorf | ||||||||||||||||
7. Hedwiga de Baviera | ||||||||||||||||
Matrimonio e descendencia Editar
Carlomán casou coa filla (de nome descoñecido) de Ernesto I, conde de Nordgau[8].
Carlomán tivo unha amante de nome Liutwwindis[9], cuxa ascendencia non se coñece e con quen tivo un fillo. Ao seu fillo bastardo Arnulfo cedeulle o ducado de Carintia e máis tarde habíase converter en rei dos francos orientais.
Notas Editar
- ↑ Monumenta Germaniae Historica, tomus IX; Genealogiae Comitum Flandriae, p. 303,"ligazón". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Annales Bertiniani, p. 105 "ligazón".
- ↑ Annales Bertiniani, p. 218 "ligazón".
- ↑ Foundation for medieval genealogy.
- ↑ Annales Bertiniani, p. 241 "ligazón".
- ↑ Annales Bertiniani, p. 259 "ligazón".
- ↑ Monumenta Germaniae Historica, tomus I, p. 592
- ↑ Annales Bertiniani, p. 106 "ligazón".
- ↑ Monumenta Germaniae Historica, Diplomata Regum Germaniae ex Stirpe Karolinorum, tomus III: Kaiserkunden Arnolf n° 87, p. 129
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlomán de Baviera |
Bibliografía Editar
- Sigmund Ritter von Riezler: "Karlmann, König von Baiern und von Italien" . En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Tomo 15, ed. Duncker & Humblot, Leipzig 1882, p. 397–400.
- René Poupardin: "I Regni carolingi (840-918)", en "Storia del mondo medievale", vol. II, 1999, pp. 583-635
- Allen Mayer: "I Vichinghi", en "Storia del mondo medievale", vol. II, 1999, pp. 734-769