Arnulfo de Carintia
Arnulfo de Carantania (en alemán Arnulf von Kärnten), nado arredor de 850 e finado en Ratisbona o 8 de decembro de 899, foi margrave de Carantania, rei da Francia Oriental e de Lotarinxia e emperador carolinxio (ou de Occidente).
Arnulfo de Carintia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 850 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 8 de decembro de 899 |
Lugar de falecemento | Ratisbona |
Causa | Ictus |
Soterrado | St. Emmeram e St. Emmeram's Abbey, Regensburg |
Ocupación | monarca |
Pai | Carlomán de Baviera |
Nai | Liutswinde |
Cónxuxe | Ota |
Fillos | Luís IV de Alemaña, Ratold d'Italie, Zuentiboldo, Ellinrat e Glismut |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Arnulfo foi fillo natural do rei Carlomán e de nai eslovena, Litswinde, filla do conde Eberhard de Carantania (Carintia), de onde lle vén o seu sobrenome.
Despois de ser deposto o seu tío o emperador Carlos III o Gordo, converteuse en rei da Francia Oriental e de Lotarinxia (887).
Obtivo unha vitoria fronte aos viquingos na batalla de Lovaina en setembro de 891. Arnulfo invadiu Italia no ano 896. Co seu regreso a Alemaña en 896, Arnulfo descubriu que a súa mala saúde implicou que fose incapaz de tratar cos problemas referentes ao seu reinado. Italia perdeuse e cabaleiros de Moravia e Hungría estaban a saquear as súas terras continuamente; ademais, a Lotarinxia estaba en rebelión contra o seu fillo Zuentiboldo.[1][2] Tamén se viu afectado pola ascendente violencia e as loitas de poder entre a baixa nobreza alemá.[3]
No ano 898, o emperador Lamberto foi derrotado por Berengario de Friúl que cobizaba o trono de Italia e morreu asasinado. Vacante o título imperial, Arnulfo logrou ser designado emperador.
O 8 de decembro de 899 Arnulfo de Carintia morreu en Ratisbona e sucedeuno como rei da Francia Oriental o seu fillo Luís IV, o Neno, que tivo coa súa esposa Ota (f. 903).[4] Cando o seu único fillo lexítimo, Luís o Neno, morreu en 911 á idade de 17 ou 18 anos, a rama oriental (alemá) da casa de Carlomagno deixou de existir. Arnulfo fixo que a nobreza tamén recoñecese os dereitos dos seus fillos ilexítimos Zuentiboldo e Ratoldo como sucesores seus. Zuentiboldo, a quen fixera rei de Lotarinxia en 895, seguiu gobernando alí ata o ano seguinte (900).
Arnulfo está enterrado na basílica de santo Emmeram en Ratisbona, que actualmente se coñece como Schloss Thurn und Taxis, o palacio dos príncipes de Thurn und Taxis.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arnulfo de Carintia |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
BibliografíaEditar
- Duckett, Eleanor (1968). Death and Life in the Tenth Century. Ann Arbor: University of Michigan Press.
- Comyn, Robert. History of the Western Empire, from its Restoration by Charlemagne to the Accession of Charles V, Vol. I. 1851
- Bryce, James, The Holy Roman Empire, MacMillan. 1913
- Mann, Horace, K. The Lives of the Popes in the Early Middle Ages, Vol III: The Popes During the Carolingian Empire, 858–891. 1925
- Mann, Horace, K. The Lives of the Popes in the Early Middle Ages, Vol IV: The Popes in the Days of Feudal Anarchy, 891–999. 1925