Guido II de Spoleto
Guido II foi o fillo e sucesor do duque Lamberto I de Spoleto,
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX ![]() |
Morte | 883 (Gregoriano) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gobernante ![]() |
Outro | |
Título | Margrave of Camerino (en) ![]() Duque de Spoleto (880–883) ![]() |
Familia | Dinastía Guidoni ![]() |
Fillos | Itta of Spoleto, Guido IV de Spoleto (presumiblemente) ![]() |
Pai | Lamberto I de Spoleto ![]() |
Traxectoria
editarFoi partidario de Carlos o Calvo, que o 876 retornou o ducado de Spoleto ao seu pai Lamberto, e nomeou margrave de Camerino ao irmán de Lamberto I, Guido de Camerino (o futuro Guido III de Spoleto). Guido sucedeu ao seu pai como duque de Spoleto á súa morte o 880.
O papa convidouno a un encontro o mesmo ano 880 pero Guido ignorouno e enviou os seus exércitos a invadir o dominio pontificio. O papa Xoán VIII pediu axuda a Carlos o Groso, rei de Italia, ao que coroou emperador o 12 de febreiro do 881. Pero Carlos deulle pouca axuda contra Guido. Nunha carta do papa a Carlos, mencionábase a Guido co adxectivo "rabbia" (rabia) que Guido colleu como alcume.
Carlos convocou unha dieta en Rávena (febreiro do 882) na que Guido II, o seu tío Guido de Camerino, o papa, e o rei Carlos acordaron unha paz xeral e que os dous primeiros devolverían os territorios pontificios ocupados.
Guido II morreu subitamente, bastante mozo, o mesmo 882, e só deixou fillos nenos (o futuro Guido IV de Spoleto e I de Benevento, e Itta, que foi esposa de Guaimaro I de Salerno). O seu tío Guido de Camerino vai tomar as rédeas do poder e foi recoñecido duque baixo o nome de Guido III de Spoleto.