Lamberto I de Spoleto
Lamberto I foi duque e margrave de Spoleto do 860 ao 871 e do 876 ao 880.
Lamberto I de Spoleto | |
---|---|
Nacemento | 830 |
Lugar de nacemento | Italia |
Falecemento | 880 |
Lugar de falecemento | Cápua |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Guido I de Spoleto |
Fillos | Guido II de Spoleto |
Irmáns | Guido III de Spoleto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Era fillo de Guido I de Spoleto ao que sucedeu o 860 (ou talvez o 859). Casou con Xudit, filla de Eberardo de Friúl.
Unido ao conde de Marsi, a Maielpoto gastaldo de Telese, e a Guandalberto gastaldo de Boiano, loitou contra Sawdan, emir de Bari, que ameazaba a Italia Central despois de asolar Capua. Despois dunha sanguenta batalla, os longobardos entraron en Bari e ocupárona brevemente.
En abril de 860 uniuse a Hildeberto, conde de Camerino, e sublevouse contra o emperador Luís II de Francia. Un exército imperial derrotounos e Lamberto fuxiu a Benevento, onde gobernaba Adelchis. Luís asediou Benevento e finalmente perdoou a Lamberto e a Adelquis a cambio da súa renovada lealdade. Hildeberto de Camerino en cambio, fuxiu a Bari.
O 866 Luís II asediou sen éxito a Landulfo II conde-bispo de Capua. Luís concedeu o condado a Lamberto I coa encarga de continuar o asedio. Neste momento o ducado chegou á súa máxima expansión.
Lamberto abandonou o asedio e foi a Roma despois da elección de Hadrián II (13 de novembro do 867) e, durante a cerimonia de coroamento, saqueou Roma (13 de decembro), polo que foi excomungado. Luís II apoiou ao Papa e condenou ao seu vasalo que tivo que retornar a Spoleto. O 871 o emperador conquistou Bari e, ao mesmo tempo, Lamberto aliouse con Gaiferos de Salerno, Serxio II de Nápoles e Adelchis de Benevento e todos xuntos vanse rebelar, e Adelquis fixo prisioneiro ao emperador. Os sarracenos atacaron Salerno, e Adelquis soltou a Luís II debaixo xuramento de non emprender accións contra el, e dirixiu as súas forzas contra os atacantes. Luís, ao que quedou libre, emitiu un diploma no que destituíu a Lamberto e nomeou duque a Suppón, curmán da súa muller Engelberga.
O 873 o Papa dispensou a Luís do cumprimento do xuramento feito a Adelchis, e o rei asediou Benevento, pero non a puido ocupar.
Despois da morte de Luís II sucedeuno Carlos o Calvo, que nomeou outra vez a Lamberto como duque (entre febreiro e xuño do 876) e deu ao seu irmán máis novo Guido o margraviato de Camerino. O 16 de xullo do 876 Carlos confirmou a cesión dunha parte importante do ducado de Spoleto ao Papa, pero aínda Lamberto conservaba un poder considerábel.
Carlos o Calvo morreu o 877 e Lamberto apoiou a Carlomán de Baviera na loita pola sucesión. Lamberto entrou en Roma e intentou facerse coroar el mesmo, pero a Papa Xoán VIII sacoullo da cabeza. En marzo do 878 Lamberto I de Spoleto e Adalberto I de Toscana forzaron ao pobo de Roma a recoñecer como rei-emperador a Carlomán. O Papa, que se opuxo, foi asediado na cidade Leonina durante trinta días ata que fuxiu para Troyes, (Francia), onde o Papa coroou a Luís III o Tatexo, que adoptou a Bosón de Arle como fillo, e excomungou aos seus inimigos italianos Lamberto I de Spoleto e Adalberto I de Toscana.
Lamberto dirixiu entón os seus plans á conquista de Capua. Morreu mentres asediaba a cidade o 880. Sucedeuno o seu fillo Guido II de Spoleto.