Adelchis

Adelchis foi un príncipe longobardo de Italia, fillo do rei Desiderio. Sendo elixido o seu pai en 757, foi asociado ao trono en 759.

Adelchis
ADALGISO DE PLATONI, REY DE ITALIA.jpg
Nacementoc. 740
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento788
Lugar de falecementovalor descoñecido
NacionalidadeReino longobardo
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PaiDesiderio
NaiAnsa
IrmánsLiutberga da Lombardia, Adelperga da Lombardia, Anselperga, Desiderata e Gerberge de Lombardia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Tras a capitulación do seu pai en Pavía cercada polos francos de Carlomagno (marzo de 774), vendo o final irremediábel do reino longobardo, decide fuxir e refúxiase en Bizancio (775) onde recibe o título de patricio.

Desde Bizancio, espera poder reconquistar o reino longobardo e tomar o poder, pero fracasa na súa tentativa de invasión de Italia meridional, apoiado pola emperatriz Irene; é rexeitado en 787 por unha coalición composta polo xove príncipe longobardo Grimoaldo III de Benevento, vasalo de Carlomagno, e os francos. Morre no curso da expedición ou pouco despois en Bizancio, en 788.

PosteridadeEditar

Inspirou a obra do escritor italiano Manzoni, Adelchi (nome italiano de Adelchis)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar