Guido IV de Spoleto

Guido IV de Spoleto e I de Benevento, foi margrave de Camerino e duque de Spoleto como sucesor do seu tío Lamberto II de Spoleto (fillo de Guido III de Spoleto) o 889, quen lle cedeu o goberno, pero conservou algúns dereitos. Era fillo de Guido II de Spoleto.

Guido IV de Spoleto
Nacementoséculo VIII
Lugar de nacementoGeographical region of Italy
Falecemento897
Lugar de falecementoRoma
Ocupaciónpolítico
PaiGuido II de Spoleto
IrmánsItta of Spoleto
Na rede
WikiTree: Spoleto-40
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

O 895 ocupou o ducado de Benevento e proclamouse duque. Ofreceu a rexencia ao seu aliado e cuñado Guaimaro I de Salerno, casado coa súa irmá Itta, pero Guaimaro foi capturado cando ía para Benevento por Adelfer, o gastaldo de Avellino. Guido tivo que cercar Avellino para conseguir a liberación do seu cuñado.

Despois de case dous anos de gobernar Benevento e de oito anos de gobernar Camerino e Spoleto, foi a Roma para entrevistarse co seu tío Lamberto II e cando estaba no Tíber foi asasinado por axentes de Alberico, un nobre romano emparentado coa familia dos condes de Tusculum, que se proclamou margrave e duque (Alberico I)

Principado de Spoleto

Segue a:
Lamberto II de Spoleto
Guido IV de Spoleto
Precede a:
Alberico I de Spoleto
-
Principado de Benevento

Segue a:
León VI o Sabio
Guido IV de Spoleto
Precede a:
Radelchis II de Benevento
-