Alberico I de Spoleto
Alberico I foi margrave de Camerino e duque de Spoleto. Fíxose co poder o 898 despois de asasinar ao margrave e duque Guido IV de Spoleto a finais do 897.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX (<889 (Gregoriano)) |
Morte | 924 (Gregoriano) Orte, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Duke of Spoleto (en) (898–922) Margrave of Camerino (en) |
Cónxuxe | Marozia (909–924) |
Fillos | Alberico di Roma |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Traxectoria
editarÉ mencionado como paxe de Guido IV na batalla de Trebia o 889. Probabelmente recibiu o feudo do condado de Fermo. Teceu alianzas que lle permitíron ser proclamado duque despois de asasinar ao seu señor o 897. O rei de Italia, Berengario de Friúl recoñeceuno o 888. Alberico combateu xunto co rei contra os húngaros que invadiran Italia (899-900).
Alberico aliouse ao seu veciño Adalberto II de Toscana contra o Papa Serxio III e bloquearon a vía ata Roma para impedir que Berengario fose a Roma e fose coroado emperador (906-907). Forxou tamén unha alianza estreita coa familia dos Crescentii de Roma, e casou con Marozia, filla de Teofilacto I conde de Tusculum e Teodora, e recibiu o título de Patricio dos romanos (Patricius romanorum). A pesar de que nunca foi conde de Tusculum, chámaselle en Tusculum Alberico I.
Foi unha dos xefes da Liga cristiá que combateu aos sarracenos en xuño de 915 en Garigliano e logrou unha vitoria decisiva. Formaban a liga o Papa Xoán X, Alberico de Camerino e Spoleto, Teofilacto de Tusculum, Adalberto II de Toscana, os bizantinos (Nicolas Picingli, catapán de Bari), Guaimaro II de Salerno, Landulfo I de Benevento, Atenulfo II de Capua, Xoán I e Docibilis II de Gaeta, e Gregorio IV e Xoán II de Nápoles. Despois da batalla Alberico I recibiu o título de cónsul dos romanos. Aparece por última vez no Liber largitorius da abadía de Farfa o 917.
Foi asasinado en Orte despois de fuxir de Roma (sobre 924). Foi o pai de Alberico II de Tusculum.