Teofilacto (patricio)
Teofilacto I de Tusculum (nado antes de 864 e morto entre 920 e 927) foi un aristócrata romano que foi senador e exerceu varios cargos importantes, entre os cales o de magister militum e o de cónsul de Roma. Tamén foi vestiarius no Patriarchio, residencia pontificia anexa á Basílica de San Xoán de Latrán.
Teofilacto | |
---|---|
Nacemento | 860 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 920 e 927 |
Lugar de falecemento | Roma |
Ocupación | político |
Cónxuxe | Teodora |
Fillos | Marózia e Theodora II of Tusculum |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
HistoriaEditar
Mencionado por vez primeira nun documento de 901, como xuíz palatino do emperador Luís III, aparece á volta do papa Serxio III (probabelmente un dos seus curmáns) - no curso dos anos 903/904. Como vestiarius (ministro de finanzas) do papa e magister militum (comandante en xefe dos exércitos), é desde aquela o xefe da nobreza urbana de Roma cunha grande influencia sobre a política do papa, sobre todo grazas á súa muller Teodora I de Tusculum e da súa filla Marozia, a quen o testemuño de Liutprando de Cremona atribúe unha relación co papa Serxio III de onde nacería o futuro papa Xoán XI. Desde 905, Teofilacto leva tamén os títulos de duque e de senador dos romandos.
A súa obraEditar
Tras a morte do papa Serxio III, empuxa ao papa Xoán X a se aliar cos seus veciños do sur contra os sarracenos que ameazan sen cesar a costa italiana. En agosto de 915, un exército ao seu mando e do seu xenro Alberico I de Spoleto vence os árabes en Garigliano. O mérito de Teofilacto é o de ter estabilizado as relacións en Italia central e tamén, como o subliñan outros testemuños, os seus esforzos e os da súa familia por unha renovación relixiosa. Os Tusculani tiran a súa orixe de Teofilacto.
XenealoxíaEditar
Teofilacto casou con Teodora a Antiga │ └─Marozia I (?-?). 1) Alberico I duque de Spoleto. 2) Serxio III, papa. 3) Hugo de Arlés. 4) Guido de Toscana.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Riché, Pierre (1983). Hachette, coll. «Pluriel», ed. Les Carolingiens, une famille qui fit l'Europe. Paris. ISBN 2-01-278851-3.
- Jean-Charles Volkmann, Bien Connaître les généalogies des rois de France ISBN 2-87747-208-6.
- Michel Mourre, Le petit Mourre. Dictionnaire d'Histoire universelle ISBN 978-2-04-732194-2.