León VI o Sabio , nado o 19 de setembro de 866 e finado o 11 de maio de 912, foi emperador bizantino de 886 a 912.

León VI o Sabio
Nacemento19 de setembro de 866
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento11 de maio de 912
Lugar de falecementoConstantinopla
Causadoenza
SoterradoIgreja dos Santos Apóstolos
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupacióncompositor
PaiBasilio I
NaiEudóxia Ingerina
CónxuxeTeofano, Zoé Zautsina, Zoe Carbonopsina e Eudóxia
FillosConstantino VII, Anna of Constantinople e Basili
IrmánsAlexandre III de Bizancio
Na rede
WikiTree: Byzantium-35
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Do seu pai Basilio I herdou un imperio moito máis extenso e poderoso que o que fora desde época de Xustiniano I no século VI. Con todo, el e o seu pai odiábanse, e é posíbel que León non fose fillo de Basilio, senón de Miguel III, o titular do Imperio anterior a Basilio. Basilio estivo a piques de cegar a León no seu adolescencia. En 886, Basilio morreu nun accidente de caza, aínda que no seu leito de morte sostivo que se trataba en realidade dun intento de asasinato no que estaría posibelmente implicado o propio León.

León terminou a compilación das Basilica, a tradución grega e posta ao día do código xurídico creado por Xustiniano I, que se iniciara durante o reinado de Basilio.

León non logrou tantos éxitos no campo de batalla como Basilio, quen nunca fora derrotado polos búlgaros, mentres que en 894 estes derrotaron ao exército de León. En 895 tivo máis éxito, tras aliarse por primeira vez cos maxiares, aínda que en 896, sen o apoio maxiar, os bizantinos volverían ser derrotados.

León deu lugar a un certo escándalo por mor dos seus numerosos matrimonios. A súa primeira muller, á que Basilio obrigou a casar con el, morreu en 897, e León volveu casar con Zoe Zautzina, filla do seu conselleiro Zautzes, aínda que esta morreu tamén en 899. Logo deste matrimonio, León creou o título de basileopator ("pai do emperador") para o seu pai político. Trala morte de Zoe, un terceiro matrimonio resultaba tecnicamente ilegal, pero León volveu casar, aínda que a súa esposa morreu en 901. No canto de casar por cuarta vez, o que (desde o punto de vista do patriarca Nicolás Místico) sería un pecado aínda maior có terceiro matrimonio, León decidiu entón ter como amante a Zoe Karvounopsina. Só se lle permitiu casar con ela cando esta deu a luz un fillo seu en 904, aínda que con moitas limitacións, como a imposibilidade de lexitimar á súa esposa como emperatriz.

En 907 Constantinopla sufriu un ataque dos Rus de Kíiv, que intentaban conseguir dereitos comerciais máis vantaxosos co Imperio. León pagoulles para lograr a paz, pero estes atacaron de novo en 911, e finalmente houbo que asinar un tratado comercial. Por outra banda, León non tivo tanto éxito contra os árabes, que derrotaron á frota bizantina cando esta trataba de recuperar Creta en 912. Tras esta derrota, León enfermou e morreu ao pouco tempo. Como o seu fillo era aínda un neno, o irmán de León e o seu coemperador nominal (aínda que sen poder real) Alexandre III pasou a ser o novo emperador.

Imperio Bizantino

Segue a:
Basilio I
León VI o Sabio
Precede a:
Alexandre III
Dinastía Macedonia
Principado de Benevento

Segue a:
Orso de Benevento
León VI o Sabio
Precede a:
Guido IV de Spoleto
Dinastía Macedonia