Miguel III
Miguel III (839 - 867), "o Borracho", neto de Miguel II, sucedeu ao seu pai Teófilo como emperador bizantino cando só contaba con tres anos de idade en 842.
Miguel III | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de xaneiro de 840 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 25 de setembro de 867 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Soterrado | Igreja dos Santos Apóstolos |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | Emperador |
Pai | Teófilo |
Nai | Teodora |
Cónxuxe | Eudóxia Decapolitissa |
Fillos | Estevão I de Constantinopla e León VI o Sabio |
Irmáns | Maria, Anastasia e Constantine |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Durante a súa minoría, o Imperio foi gobernado pola súa nai Teodora, que malia as derrotas que sufriron os seus xenerais, conseguiu manter as fronteiras fronte aos musulmáns de Bagdad e Creta. A rexente fixo gala do seu celo relixioso restaurando a veneración das imaxes en 842 e perseguindo aos herexes bogomilos, pero descoidou completamente a educación do seu fillo. Por iso, Miguel converteuse nun neno consentido e caprichoso que caeu baixo a influencia do seu tío Bardas, o cal o induciu a recluír a Teodora nun convento, de modo que Bardas puido asumir o poder en 857.
Bardas, trala usurpación, introduciu varias reformas internas e nas guerras da época Miguel desempeñaría un papel máis activo. Durante o conflito cos musulmáns no Éufrates (856 - 863), o emperador tivo que facer fronte a unha derrota persoal en 860, que sería compensada por unha gran vitoria por parte do seu tío Petronas en Asia Menor. En 861, Miguel e Bardas invadiron Bulgaria e lograron a conversión do seu rei ao cristianismo.
No mar, o Imperio sufriu os ataques dos corsarios de Creta, e en 865 a primeira expedición de pillaxe dos rusos de Kíiv chegou a poñer en perigo o mesmo Bósforo. En 867 Miguel foi asasinado por Basilio o Macedonio, un antigo paxe que conseguira acabar coa influencia de Bardas e que en 866 fora asociado ao Imperio.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel III |
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Teófilo |
Miguel III | Precede a: Basilio I |
Dinastía Amoriana |