Miguel II
Miguel II, chamado Psello, "O tatexo" ou "O Amoriano", nado no ano 770 e finado no 829, reinou como emperador bizantino de 820 a 829.
Miguel II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 770 |
Lugar de nacemento | Amorium |
Falecemento | 2 de outubro de 829 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | líder militar |
Cónxuxe | Tecla e Eufrósine |
Fillos | Teófilo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
Nacido en Amorio en Frixia, comezou a súa carreira como soldado, pero grazas ao seu talento chegou a ascender ata o xeneralato.
Apoiara que o seu antigo compañeiro de armas fose nomeado emperador como León V o Armenio (813), pero, cando se descubriu que Miguel participara nunha conspiración contra este, foi condenado a morte en decembro de 820. Con todo, os seus partidarios tiveron éxito no asasinato do emperador León e sacaron a Miguel de prisión para colocalo no trono imperial como primeiro representante da dinastía amoriana.
O seu reinado caracterizouse por varios feitos: a loita contra o seu irmán Tomé, que tamén aspiraba ao trono (822-824); a conquista de Creta polos árabes en 823, e o comezo dos ataques musulmáns contra Sicilia (827).
Malia as súas simpatías iconoclastas, logrou conciliarse cos iconódulos (adoradores de imaxes), pero non puido evitar a hostilidade dos monxes por mor do seu segundo matrimonio con Eufrosine, filla de Constantino VI, que fora ordenada monxa anteriormente.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel II |
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: León V o Armenio |
Miguel II | Precede a: Teófilo |
Dinastía Amoriana |