León V o Armenio

León V, chamado o Armenio, nado no 775 e finado o 24 de decembro do 820, foi emperador bizantino entre 813 e 820, tras distinguirse como xeneral durante os reinados de Nicéforo I e Miguel I.

León V o Armenio
Nacemento775
Lugar de nacementoEmirado da Arménia
Falecemento29 de decembro de 820
Lugar de falecementoConstantinopla
NacionalidadeImperio Bizantino
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
CónxuxeTeodósia
FillosConstantino
editar datos en Wikidata ]
Moeda contemporánea de León V.

Traxectoria editar

Tras prestar un gran servizo ao emperador Miguel I na guerra contra os árabes en 812, foi chamado en 813 para loitar na campaña contra Bulgaria. Aproveitando o descontento das tropas, deixou ao emperador na estacada na batalla de Adrianópolis e a continuación puxo en marcha unha revolta contra el. León xustificou a súa usurpación derrotando sucesivamente aos búlgaros que pretendían asediar Constantinopla (814-817).

As súas enérxicas medidas represivas contra os bogomilos e os iconódulos deron lugar a unha importante oposición, e logo de abortar unha conspiración liderada polo seu amigo Miguel Psello, co encarceramento deste último, León foi asasinado na capela de palacio o día de noiteboa de 820.

Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel I Rangabé
León V o Armenio
Precede a:
Miguel II