Teófilo, emperador de Bizancio

Teófilo, nado no ano 813 e finado no 842, foi o emperador bizantino entre os anos 829 e 842. Foi o segundo da chamada dinastía frixia ou "amoriana".

Modelo:BiografíaTeófilo, emperador de Bizancio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Θεόφιλος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento813 Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 842 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
2 de outubro de 829 – 20 de xaneiro de 842
← Miguel IIMiguel III → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastia amoriana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTeodora Editar o valor en Wikidata
FillosMaria, Anastasia, Constantino (filho de Teófilo), Tecla, Miguel III Editar o valor en Wikidata
PaisMiguel II Editar o valor en Wikidata  e Tecla Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDesktop Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1135028 WikiTree: Byzantium-13
Miguel II e o seu fillo Teófilo.

A diferenza do seu pai, Miguel II, declarouse como un estrito iconoclasta. En 832 publicou un edicto polo cal se prohibiu o uso e adoración de iconas; pero as historias sobre a súa crueldade cara aos seus opositores resultan tan extremadas que moitos pensan que se trata de esaxeracións.

Traxectoria

editar

Na época do seu ascenso ao trono, os sicilianos aínda loitaban contra os sarracenos, pero Teófilo non puido prestarlles axuda xa que se viu obrigado a dedicar todas as súas forzas á guerra contra os califas de Bagdad. Esta guerra foi iniciada por Teófilo, pois dera asilo a certos refuxiados persas, un dos cales, chamado Teófobo trala súa conversión ao cristianismo, desposou á irmá do emperador, Helena, e converteuse nun dos xenerais do Imperio.

O exército bizantino celebrou varios éxitos iniciais: en 837 foron tomadas e destruídas Samosata e Zapetra (Zibatra ou Sozopetra), lugar de nacemento do califa Al-Mu'tasim. Este, desexoso de vingar a ofensa, reuniu un grande exército, unha de cuxas divisións derrotou en Dasymon a Teófilo, que dirixía en persoa o exército bizantino, mentres que a outra avanzou ata Amorio, berce da dinastía frixia. Tras unha valorosa resistencia de cincuenta e cinco días, a cidade caeu en mans de Al-Mu'tasim por mor dunha traizón interna o 23 de setembro de 838. Trinta mil dos seus habitantes foron executados e o resto vendidos como escravos, e a cidade foi arrasada ata os seus cimentos.

Teófilo nunca puido recuperarse do golpe recibido, a súa saúde foise debilitando e morreu a comezos de 842. O seu carácter foi obxecto de moitos debates; pois mentres uns considérano como un dos emperadores bizantinos máis capaces, outros o ven como o clásico déspota oriental, un gobernante sobrevalorado pero insignificante. Non cabe dúbida de que fixo canto puido por eliminar a corrupción e opresión dos seus funcionarios, e que administrou xustiza con estrita imparcialidade, aínda que os seus castigos moitas veces non se correspondían co crime cometido.

Malia os gastos que supuxo a guerra en Asia e das grandes sumas dedicadas por Teófilo á construción, o comercio, a industria e as finanzas do Imperio viviron unha das súas mellores épocas, en gran medida grazas á moi eficiente administración do tesouro. Teófilo, que recibira unha excelente educación do gramático Xoán Hylilas, foi un grande afeccionado á música e amante da arte. Reforzou as murallas de Constantinopla e fixo construír un hospital que se mantivo ata os últimos tempos do Imperio bizantino.


Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel II
Teófilo, emperador de Bizancio
Precede a:
Miguel III
Dinastía Amoriana