Lorena
A Lorena[1] (en francés e en lorenés: Lorraine, en alemán: Lothringen) é unha rexión de Francia que linda con Alemaña, Bélxica e Luxemburgo.
Lorena Lorraine Lothringen | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Metz | ||
• Poboación | 124.435 (2006) | ||
Lingua oficial | Francés | ||
Forma de goberno | Rexión de Francia | ||
President | Jean-Pierre Masseret (PS) | ||
Superficie | Posto 14º | ||
• Total | 23.547 km² | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 11º | ||
• Total | 2 337 000 (est. 2008) hab. | ||
• Densidade | 99 hab./km² | ||
Xentilicio | Lorenés | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .fr | ||
Código ISO | FR-M | ||
Administración Editar
O Conseil Régional de Lorraine (goberno rexional) é membro da cooperación interrexional transfronteriza «Saar-Lor-Lux», xunto con Luxemburgo, os estados federados alemáns do Sarre e Renania-Palatinado e a Valonia, en Bélxica.
A sede do Conseil Régional encóntrase en Metz. A rexión está marcada por unha forte rivalidade entre Metz e Nancy.
Cultura Editar
Pola súa posición xeográfica, a Lorena foi un lugar de intercambios culturais privilexiado entre Francia e as culturas xermánicas. Así, numerosas innovacións fixeron a súa entrada na Lorena antes de estenderse polo resto de Francia (música, gastronomía etc.). O esplendor cultural lorenés empezou no Renacemento, antes de ser o berce de movementos culturais orixinais, entre os cales o máis famoso seguramente é o Art Nouveau, levado a Francia pola Escola de Nancy.
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lorenés.